saltar ao contido

O presidente do Parlamento anima á doazón de sangue para garantir a atención a todas as necesidades asistenciais

- Visitou a unidade móbil que esta mañá atende aos doadores no recinto do Pazo do Hórreo
 
Santiago, 10 de maio de 2016.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, animou este mediodía ao conxunto da sociedade a doar sangue nos diferentes dispositivos do Centro de Transfusión de Galicia da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos. Na Comunidade Autónoma precísanse cada día 500 doazóns para que os hospitais do SERGAS poidan desenvolver a súa actividade asistencial con normalidade.
 
Santalices Vieira visitou este mediodía, acompañado pola directora da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, Marisa López García, a unidade móvil que durante esta mañá recolle doazóns no recinto do Pazo do Hórreo.
 

Saúdos,
Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina