saltar ao contido

Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o día 12 de abril de 2016

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar sesión o próximo día 12 de abril de 2016, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
 
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 5 de abril de 2016, a orde do día da sesión é a seguinte:
 
Punto 1. Solicitude de creación dunha Comisión de Investigación, por iniciativa dos Grupos Parlamentarios da Alternativa Galega de Esquerda, do Bloque Nacionalista Galego e Mixto, sobre os contratos, convenios, subvencións ou demais actos administrativos que provocasen que cartos públicos rematasen en mans da fundación FESÁN, doc. núm. 48725 (09/SCI-000012)
 Publicación da solicitude de creación, BOPG n.º 623, do 30.03.2016
 
Punto 2. Comparecencias en pleno
 
2.1 49116 (09/CPP-000417)
 Do Sr. conselleiro de Facenda, por petición propia, para informar sobre o peche do exercicio 2015 e o cumprimento do obxectivo de estabilidade orzamentaria
 
2.2 44318 (09/CPP-000384)
 Do Sr. conselleiro de Economía, Emprego e Industria, por petición propia, para informar sobre o desenvolvemento do polo tecnolóxico e industrial galego de avións non tripulados
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 559, do 25.11.2015
 
Punto 3. Mocións
 
3.1 49047 (09/MOC-000172)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Soneira Tajes, María Soledad
 Sobre a presentación polo Goberno galego no Parlamento de Galicia, no prazo de dous meses, dun estudo de reordenación da planta local que sirva de base ás iniciativas de fusión ou cooperación supramunicipal. (Moción, a consecuencia da Interpelación nº. 48052, publicada no BOPG nº. 613, do 09.03.2016, e debatida na sesión plenaria do 29.03.2016)
 
3.2 49071 (09/MOC-000173)
 Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
 Sánchez García, Antón
 Sobre as medidas que debe adoptar o Goberno galego para garantir que ningunha persoa ou familia sexa desafiuzada en Galicia da súa vivenda habitual. (Moción, a consecuencia da Interpelación nº. 44187, publicada no BOPG nº. 559, do 25.11.2015, e debatida na sesión plenaria do 29.03.2016)
 
3.3 49085 (09/MOC-000174)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Gallego Calvar, María Carmen
 Sobre o desenvolvemento regulamentario e as modificacións que debe introducir o Goberno galego na Lei 2/2014, do 14 de abril, pola igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais en Galicia. (Moción, a consecuencia da Interpelación nº. 45545, publicada no BOPG nº. 590, do 27.01.2016, e debatida na sesión plenaria do 29.03.2016)
 
Punto 4. Proposicións non de lei en pleno
 
4.1 39385 (09/PNP-002862)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Santalices Vieira, Miguel Ángel e 7 máis
 Sobre as actuacions que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación co Programa galego de detección precoz do carcinoma colorrectal
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 504, do 10.08.2015
 
4.2 43221 (09/PNP-003165)
 Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
 Sánchez García, Antón
 Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Ministerio de Agricultura en relación co acordo lácteo e a actuación a que debe levar a cabo en relación coas conversas que está a abrir
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 545, do 04.11.2015
 
4.3 44801 (09/PNP-003250)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Vázquez Blanco, Emilio e 2 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego co fin de protexer e salvagardar o patrimonio declarado ben de interese cultural
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 569, do 10.12.2015
 
4.4 46728 (09/PNP-003390)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 González Santín, Juan Carlos e 2 máis
 Sobre a demanda polo Goberno galego ao Goberno central da adopción das medidas necesarias para o mantemento da sustentabilidade do sistema da Seguridade Social
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 602, do 17.02.2016
 
4.5 46746 (09/PNP-003394)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Oubiña Solla, Rosa e 7 máis
 Sobre a elaboración pola Xunta de Galicia dun programa de inserción laboral para as mulleres vítimas de violencia de xénero
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 602, do 17.02.2016
 
4.6 47728 (09/PNP-003468)
 Grupo Parlamentario Mixto
 Iglesias Sueiro, Carmen
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa atención e prevención da saúde bucodental no Sistema sanitario público
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 609, do 02.03.2016
 
4.7 48696 (09/PNP-003541)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Adán Villamarín, María do Carme
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación coa súa participación na xestión das empresas públicas estatais integradas no sector naval galego e a demanda a Navantia da remisión do Plan industrial 2016-2020 presentado no seu consello de administración
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 623, do 30.03.2016
 
4.8 48715 (09/PNP-003544)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Prado Cores, María Montserrat
 Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación co acordo asinado entre a Unión Europea e Turquía respecto das persoas refuxiadas
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 623, do 30.03.2016
 
Punto 5. Interpelacións
 
5.1 41836 (09/INT-001578)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Paz Franco, María Tereixa
 Sobre as medidas adoptadas para afrontar a crise do sector lácteo en Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 527, do 30.09.2015
 
5.2 48707 (09/INT-001875)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Méndez Romeu, José Luis e 17 máis
 Sobre a sentenza do Tribunal Supremo pola que se anula a prórroga de 129 concesións de transporte público
 Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 623, do 30.03.2016
 
5.3 48741 (09/INT-001877)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Val Alonso, José Ramón e 2 máis
 Sobre a etiquetaxe do mexillón galego
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 623, do 30.03.2016
 
Punto 6. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta
 
6.1 49097 (09/POPX-000179)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Méndez Romeu, José Luis
 Sobre as repercusións para Galicia da política de estrito control do déficit
 
6.2 49111 (09/POPX-000180)
 Grupo Parlamentario Mixto
 Martínez García, María Consuelo
 Sobre as medidas a curto, medio e longo prazo que está a adoptar o Goberno galego para acadar a confluencia salarial
 
6.3 49112 (09/POPX-000181)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Jorquera Caselas, Francisco Xesús
 Sobre a valoración da Xunta de Galicia do pesimismo da mocidade galega respecto do seu futuro
 
Punto 7. Preguntas ao Goberno
 
7.1 48342 (09/POP-004665)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Soneira Tajes, María Soledad e 2 máis
 Sobre a sentenza do Tribunal Constitucional  na que se declaran inconstitucionais varios artigos da Lei 27/2013, do 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da Administración local
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 620, do 22.03.2016
 
7.2 47794 (09/POP-004576)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Sánchez Bugallo, José Antonio e 2 máis
 Sobre a data prevista polo Goberno galego para remitirlles aos deputados solicitantes unha copia do anteproxecto da EDAR do Souto, en Santiago de Compostela
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 613, do 09.03.2016
 
7.3 49160 (09/PUP-000268)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Adán Villamarín, María do Carme e Jorquera Caselas, Francisco Xesús
 Sobre a garantía do pagamento por Pemex dos floteis construídos nos estaleiros galegos segundo o acordado
 
7.4 46310 (09/POP-004329)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Baamonde Díaz, Agustín e 7 máis
 Sobre a relación de autores e autoras que van formar parte da delegación de Galicia no marco da 42ª edición da Feira Internacional do Libro de Bos Aires en 2016, así como a programación literaria e cultural que se vai desenvolver nela
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 599, do 11.02.2016
 
7.5 49135 (09/PUP-000266)
 Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
 Beiras Torrado, Xosé Manuel e 5 máis
 Sobre as previsións da Xunta de Galicia respecto da suspensión das probas de reválida previstas no calendario de aplicación da LOMCE para o este curso escolar, nomeadamente as que afectan ao alumnado de sexto de educación primaria
 
7.6 48648 (09/POP-004687)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rodas Chapela, Daniel e Prado Cores, María Montserrat
 Sobre as actuacións previstas polo Goberno galego para o cumprimento da legalidade na etiquetaxe de mexillón galego
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 623, do 30.03.2016
 
7.7 48702 (09/POP-004698)
 Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
 Fajardo Recouso, Juan Manuel
 Sobre as medidas previstas polo Goberno galego en relación coa etiquetaxe de mexillón galego
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 623, do 30.03.2016
 
7.8 49153 (09/PUP-000267)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Balseiro Orol, José Manuel e 7 máis
 Sobre a valoración do Goberno galego respecto da pretensión da Unión Europea de prohibir a actividade da flota de arrastre a máis de 800 metros de profundidade
 
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, o abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
 
Santiago de Compostela, 5 de abril de 2016
 
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina