saltar ao contido

Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 11 de novembro de 2015

5.2 39507 (09/PNP-002877)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Baamonde Díaz, Agustín, e sete deputados/as máis
Sobre a apertura dunha biblioteca pública do Estado na cidade de Vigo
Publicación da iniciativa, BOPG nº 511, do 02.09.2015
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a realizar as xestións oportunas diante do Goberno central para tratar de que a apertura dunha biblioteca pública do Estado en Vigo poida ser unha realidade coa maior brevidade posible e, nomeadamente, para reclamar que o Concello de Vigo poña á súa disposición unha localización axeitada para este centro".
 
 
5.3 40338 (09/PNP-002935)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Oubiña Solla, Rosa, e sete deputados/as máis
Sobre a elaboración por parte do Goberno galego dun novo decreto polo que se establezan os requisitos e o procedemento para o recoñecemento, modificación e condicións de funcionamento dos centros de información ás mulleres
Publicación da iniciativa, BOPG nº 515, do 09.09.2015
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a elaborar un novo decreto polo que se establezan os requisitos e o procedemento para o recoñecemento, modificación e as condicións de funcionamento dos centros de información ás mulleres".
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina