saltar ao contido

Pilar Rojo recibe ao xefe superior de Policía de Galicia, que se xubila tras 44 anos de servizo

Santiago, 12 de maio de 2014.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, recibiu hoxe no seu despacho da Cámara ao xefe superior de Policía de Galicia, Jaime Iglesias, que acudiu a despedirse antes da súa inminente xubilación, á que accederá tras 44 anos de servizo.

 

Pilar Rojo agradeceu a Jaime Iglesias a súa dedicación profesional e felicitouno pola recente concesión da Medalla de Encomenda de Número da Orde do Mérito Civil, unha condecoración coa que o Goberno recoñece a súa traxectoria.


 


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina