4.2 9988 (09/PNP-000754)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Santalices Vieira, Miguel Ángel e sete deputados máis
Sobre a concienciación da poboación por parte do Goberno da importancia de consumir produtos galegos
Publicación da iniciativa, BOPG nº 143, do 30.07.2013
O texto aprobado é o seguinte:
«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
1. Impulsar o consumo de produtos galegos xa que iso constitúe o noso desenvolvemento económico.
2. Referendar a carta de consumo responsable e solidario que no día 6 de xullo asinaron os grupos políticos.
3. Promocionar, dentro das liñas desenvolvidas pola Xunta de Galicia, os produtos galegos etiquetados e comercializados na lingua galega.
4. Establecer medidas de apoio para promover a etiquetaxe e a distribución de produtos agroalimentarios en lingua galega, referenciándoos como produtos de calidade vinculada a un modelo produtivo asentado no territorio e a unha cultura, e establecendo medidas para optimizar o potencial da lingua galega para as exportacións dos nos produtos nos mercados de todos os países da lusofonía.
5. Adoptar as medidas necesarias para darlles efectividade ás medidas contidas na área de comercio do Plan de normalización lingüística».
4.3 12782 (09/PNP-000922)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Balseiro Orol, José Manuel
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa proposta europea de Regulamento polo que se establecen restricións aplicables á pesca en poboacións de augas profundas do Atlántico noroeste
Publicación da iniciativa, BOPG nº 171, do 03.10.2013
O texto aprobado é o seguinte:
«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
1. Rexeitar, diante das autoridades comunitarias, a proposta de Regulamento polo que se establecen restricións aplicables á pesca en poboacións de augas profundas do Atlántico Noreste, en especial, no tocante á prohibición do uso das artes de arrastre de profundidade.
2. Recadar o apoio de todas as deputadas e deputados electos pola circunscrición española no Parlamento Europeo, de cara a pedirlles que, en defensa dos intereses do noso sector pesqueiro, amosen o seu rexeitamento a esta proposta de regulamento, de tan grave impacto para a nosa frota.
3. Demandar á Comisión Europea e ao Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente que defendan unha modificación da normativa comunitaria sobre a xestión de pesqueiras de augas profundas, que teña en conta, dun xeito equilibrado, os factores ambientais, sociais e económicos e que sexa compatible co mantemento da capacidade da frota, da súa actividade económica e dos empregos».
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.