O Tribunal Constitucional adianta ao Parlamento de Galicia o levantamento da suspensión da maior parte dos preceptos recorridos da Lei galega de caixas
• Rojo Noguera onsidera que a decisión do Tribunal Constitucional consagra a vinculación da Comunidade Autónoma coas súas caixas e que esa relación se articule a través do Parlamento de Galicia
Santiago, 6 xullo de 2010.- Logo de coñecer a decisión do Tribunal Constitucional de levantar a suspensión sobre a maior parte dos preceptos lei galega de caixas, a presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, reitera a súa plena confianza nas institucións sobre as que se sustenta o Estado de Dereito en España. O auto coñecido hoxe revela, na súa opinión, o acerto da decisión da Cámara galega de personarse neste proceso en defensa do espazo xurisdiccional e das competencias da Comunidade Autónoma.
Os servizos xurídicos do Parlamento de Galicia recibiron hoxe, por correo electrónico, unha comunicación do Tribunal Constitucional na que este órgano adianta o contido do auto que levanta a suspensión que pesaba sobre a vixencia de determinados artigos da Lei galega de caixas que foran recorridos polo Goberno central.
Rojo Noguera valora, ademais, que a decisión do Tribunal Constitucional consagre a vinculación da Comunidade Autónoma coas súas caixas e que esa relación se articule a través do Parlamento de Galicia.
Rojo Noguera felicita tamén aos letrados do Parlamento de Galicia pola solidez da argumentación xurídica das alegacións formuladas pola Cámara galega, en marzo pasado, fronte ao recurso de inconstitucionalidade presentado polo Goberno central contra a reforma da Lei galega de caixas de aforro.
Saúdos, Gabinete de Comunicación