Santiago, 2 de agosto de 2013.- O Parlamento de Galicia celebrou este mediodía un pleno extraordinario no que se debateu e aprobou o límite máximo de gasto non financeiro da Xunta de Galicia para o ano 2014, que queda fixado en 8.456 millóns de euros.
Ao comezo, o Pleno do Parlamento gardou un minuto de silencio en memoria das vítimas do accidente ferroviario de Santiago de Compostela.
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.