Rojo Noguera destaca que o expresidente da Cámara participou activamente na cosolidación institucional e autonómica de Galicia
Santiago, 19 de xuño de 2010.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, lamenta o falecemento do que fora presidente da Cámara autonómica durante a III e a IV Lexislatura (1990-1993 e 1993-1997), Victorino Núñez Rodríguez.
Rojo Noguera valora o traballo desenvolvido por Victorino Núñez á fronte da Presidencia do Parlamento de Galicia e considera que ese labor o converte nun dos artícipes do desenvolvemento institucional e autonómico de Galicia. “Foi un político de raza, profundamente comprometido con Galicia e así debería ser recordado”, agrega Rojo Noguera.
A presidenta do Parlamento de Galicia, e mailos membros da Mesa da Cámara, enviaron telegramas condolencia á familia do falecido e púxose á súa disposición para o que necesiten para axudar a superar este trance.
Pilar Rojo visitará a capela ardente ao longo da tarde de hoxe.
Simultaneamente, as bandeiras do Parlamento de Galicia ondearán a media asta, en sinal de pesar.
Saúdos, Gabinete de Comunicación