• A Mesa do Parlamento acordou, na súa derradeira reunión, suprimir a indemnización compensatoria por cesamento que tradicionalmente viñan percibindo os deputados ao remate da lexislatura
Santiago, 29 de agosto de 2012.- Os deputados galegos que cesen no exercicio do seu cargo como consecuencia da disolución da Cámara non percibirán indemnización compensatoria algunha, a diferencia do acontecido ata a pasada lexislatura.
No transcurso da súa derradeira reunión desta lexislatura, a Mesa da Cámara acordou por unanimidade, a proposta da presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, de suprimir calquera indemnización compensatoria por cese para os deputados.
Esta decisión enmárcase na política de austeridade aplicada na Cámara no que vai de lexislatura, como a redución do orzamento, recorte de gastos, supresión de agasallos e cestas de Nadal ou rebaixa de salarios.
O acordo adoptado este martes pola Mesa do Parlamento de Galicia tamén determina que os deputados que cesen no exercicio das súas funcións deberán deixar libres os seus despachos na Cámara antes do vindeiro 12 de setembro.
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia