• A xuntanza celébrase no marco do Comité Permenente da CALRE e contará coa asistencia de representantes dos parlamentos rexionais europeos e do Congreso de Poderes Rexionais e Locais do Consello de Europa
• O obxecto do grupo de traballo liderado por Galicia é comparar e compartir as vantaxes dos diferentes modelos intitucionais e de gobernanza
Santiago, 30 de maio de 2012.- A titular do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, participará mañá en Innsbruck nunha reunión do Comité Permanente da CALRE na que dará conta dos traballos que está a desenvolver o grupo de traballo sobre modelos institucionais europeos, que preside a titular da Cámara galega.
O grupo de traballo sobre modelos institucionais europeos permitirá efectuar unha análise e revisión comparada dos diferentes modelos e estructuras institucionais que coexisten no seo da CALRE (integrada por asambleas lexislativas de 74 rexións europeas de 8 países diferentes da UE).
Cada integrante deste grupo de traballo presentará a estrutura da súa rexión de orixe co obxectivo de avanzar na comparación de modelos institucionais e culturas xurídicas rexionais. As vantaxes que se observen en cada caso serán postas en común coa intención de contribuir a mellorar a gobernanza dos diferentes membros da CALRE e do Congreso de Poderes Rexionais e Locais do Consello de Europa, que conta con 318 membros, pertencentes a 47 países.
Rematada a xuntanza do Comité Permanente da CALRE, Pilar Rojo presidirá a reunión de posta en marcha do proxecto denominado “Twin a region” (Irmanamento cunha rexión) impulsado no seo do Grupo de Traballo sobre Modelos Institucionais-democracia rexional, liderado por Galicia na Conferencia de Asembleas Lexislativas Rexionais de Europa (CALRE) en colaboración coa Conferencia de Poderes
Rexionais e Locais do Consello de Europa.
A reunión contará tamén coa asistencia do presidente da CALRE e presidente da Asemblea de Estremadura, Fernando Manzano, e mailo presidente da Cámara de Rexións do Congreso de Poderes Locais e Rexionais do Consello de Europa, Herwing Van Staa.