Vigo, 17 de maio de 2012.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, participou nos actos organizados en Vigo con motivo do día das Letras Galegas. Asistiu, en primeiro lugar, á sesión plenaria extraordinaria e pública que a Real Academia Galega celebrou na sede da Fundación Barrié. Posteriormente, participou no acto organizado pola Xunta de Galicia no CIFP Valentín Paz-Andrade.