Nacemento: A Coruña - 1981
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Circunscrición electoral:
Teléfono: 981 55 15 10
Email:
gp-pp@parlamentodegalicia.es
Biografía:
Licenciada en Dereito pola Universidade da Coruña, posteriormente cursou estudos superiores de Dereito Autonómico polo Instituto de Dereito Público de Barcelona.
Conselleira de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia desde xuño de 2023 e na actualidade, desde abril do 2024 conselleira de Economía e Industria. Anteriormente, desde setembro de 2020, foi conselleira de Emprego e Igualdade. Desempeñou o posto de secretaria xeral técnica nas consellarías de Traballo e Benestar (2013-2015), Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (2015-2018) e Medio Rural (2018-2020).
Entrou a formar parte da escala de letrados da Xunta de Galicia por oposición en maio de 2007 e ocupou diversos postos tanto na Asesoría Xurídica Xeral como na Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar e da Presidencia da Xunta.