Nacemento: Ourense - 1970
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Circunscrición electoral:
Teléfono: 981 55 15 10
Email:
gp-pp@parlamentodegalicia.es
Biografía:
Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Membro do corpo superior de inspectores de Facenda do Estado, especializado en Inspección Financeira e Tributaria e Aduanas e Impostos Especiais. Ocupou diferentes postos na Axencia Estatal de Administración Tributaria.
É conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración desde abril do 2014 da Xunta de Galicia. Anteriormente, desde setembro do 2018 foi conselleiro do Medio Rural. É deputado no Parlamento de Galicia desde 2016 e desempeñou funcións como voceiro do Medio Rural do Grupo Popular. Foi membro da Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, e da Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos, ademais de vicepresidente da Comisión permanente non lexislativa para as relacións co Consello de Contas e membro da Comisión especial de estudo e análise das reformas da política forestal, na cal foi relator do Ditame.