saltar ao contido

Pomba da paz

Autor Víctor Raimundo Corral Castro
Data/Fecha 2000
Medidas 230cm. cm
Técnica|Material Bronce
Tipo Escultura
* Colección Parlamento de Galicia

Na entrada principal levántase unha estatuta alegórica. Preto da escaleira, no lado da esquerda está a Pomba da paz, obra de Víctor Raimundo Corral Castro, nacida do contexto do ano 2000, declarado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas como Ano Internacional dunha Cultura pola Paz, no que houbo un manifesto e unha mensaxe do papa Xoán Paulo II na XXXIIIª Xornada Mundial da Paz. O doutor Federico Mayor Zaragoza, director da UNESCO até 1999 logo de ter sido deputado no Parlamento español, impulsou coa súa xestión nesta organización mundial a idea de «construir los baluartes de la paz en la mente de los hombres». De aquí vén a inspiración desta escultura alegórica en bronce. No seu gran pedestal de granito, en forma de paralelepípedo e dunhas dimensións semellantes á peza escultórica, érguese unha poderosa figura masculina espida e de pé cos brazos sobre a cabeza e as mans en uve, improvisado asento para a pomba, que abre as ás. Na placa de bronce inserida na pedra pódese ler un texto seu que é todo un manifesto. Di na inscrición: «Non pode haber / sociedade sen xustiza, / espíritu sen conciencia / e paz sen humanidade. / Víctor Corral Castro / Parlamento de Galicia, 2002». Este home da paz pode ser cada un dos deputados e funcionarios da institución parlamentaria, este home da paz somos e debemos ser cada un de nós. A pomba, antigo símbolo do amor para Roma, é dende o mundo da cultura cristiá a mensaxe de que non hai perigo, baseándose no Antigo Testamento (Xén. 8:8-12). É a pomba que envía Noé logo do Dioivo fóra da arca para coñecer se o castigo finalizara, e que volve coa póliña verde escura da oliveira, un recurso este coñecido xa de antigo en Mesopotamia, e utilizado polos mariñeiros. A imaxe divúlgase até outros ámbitos, como cando Pablo R. Picasso, o universal artista español-francés de orixe malagueña, que comezara a pintar na cidade da Coruña, onde vivira coa súa familia de neno, a debuxara para o cartel do Congreso Mundial pola Paz convocado en 1949 tras a finalización da Segunda Guerra Mundial.

O artífice da obra do Parlamento é Víctor Corral, de Baamonde, Lugo (n. 1937), que aprendeu o oficio na Escola de Artes da Coruña. Pasou logo pola barcelonesa da Lonxa (Escola de la Llotja) e comezou a expoñer en 1966. Traballa coa pedra granítica formas de raizame popular que se achegan ao concepto de artesanía, como tamén é doado ver nas súas obras de talla. Ten feito numerosas exposicións e monumentos por Galicia, como en Parga, e Zamora. Defensor da súa terra e tradicións, home de respecto e amor pola vida, é categoría do seu proceder a súa intervención no vello castiñeiro a carón da igrexaparroquial de Santiago de Baamonde, que ía ser cortado en 1971 malia ter oito metros de circunferencia. O artista colleu as gubias, mazos e formóns e meteuse a tallar varias pezas no interior do seu gran tronco vivo: unha Virxe do Rosario, que é a padroeira, uns anxos, unha donicela e uns paxaros, e conseguiu coa súa acción evitar que fose cortado pola proximidade da estrada e convertelo nunha obra de arte viva. Pola estrada pasa o Camiño de peregrinación cara á tumba do Señor Sant-Iago. Moito máis que un valor engadido deste xeito para o Camiño Xacobeo, dende o amor ás árbores e á terra nai.

En la entrada principal se levanta una estatuta alegórica. Cerca de la escalera, en el lado de la izquierda está Pomba da paz, obra de Víctor Raimundo Corral Castro, nacida del contexto del año 2000, declarado por la Asamblea General de las Naciones Unidas como Año Internacional de una Cultura por la Paz, en el que hubo un manifiesto y un mensaje del papa Juan Pablo II en la XXXIIIª Jornada Mundial de la Paz. El doctor Federico Mayor Zaragoza, director de la UNESCO hasta 1999 después de haber sido diputado en el Parlamento español, impulsó con su gestión en esta organización mundial a idea de «construir los baluartes de la paz en la mente de los hombres». De aquí viene la inspiración de esta escultura alegórica en bronce. En su gran pedestal de granito, en forma de paralelepípedo y de unas dimensiones semejantes a la pieza escultórica, se yergue una poderosa figura masculina desnuda y de pie con los brazos sobre la cabeza y las manos en uve, improvisado asiento para la paloma, que abre las alas. En la placa de bronce insertada en la piedra se puede leer un texto suyo que es todo un manifiesto. Dice en la inscripción: «No puede haber / sociedad sin justicia, / espíritu sin conciencia / y paz sin humanidad. / Víctor Corral Castro / Parlamento de Galicia, 2002». Este hombre de la paz puede ser cada uno de los diputados y funcionarios de la institución parlamentaria, este hombre de la paz somos y debemos ser cada uno de nosotros. La paloma, antiguo símbolo del amor para Roma, es desde el mundo de la cultura cristiana el mensaje de que no hay peligro, basándose en el Antiguo Testamento ( Xén. 8:8-12). Es la paloma que envía Noé tras el Diluvio fuera del arca para conocer si el castigo había finalizado, y que vuelve con la ramita verde oscura del olivo, un recurso conocido antiguamente en Mesopotamia, y utilizado por los marineros. La imagen se divulga hasta otros ámbitos, como cuando Pablo R. Picasso, el universal artista español-francés de origen malagueño, que había comenzado a pintar en la ciudad de A Coruña, donde había vivido con su familia de niño, la había dibujado para el cartel del Congreso Mundial por la Paz convocado en 1949 tras la finalización de la Segunda Guerra Mundial.

El artífice de la obra del Parlamento es Víctor Corral, de Baamonde, Lugo ( n. 1937), que aprendió el oficio en la Escuela de Artes de A Coruña. Pasó luego por la barcelonesa de la Lonja (Escuela de la Llotja) y comenzó a exponer en 1966. Trabaja con la piedra granítica formas con raíces popular que se acercan al concepto de artesanía, como también es fácil ver en sus obras de talla. Ha hecho numerosas exposiciones y monumentos por Galicia, como en Parga, y Zamora. Defensor de su tierra y tradiciones, hombre de respeto y amor por la vida, es categoría de su proceder su intervención en el viejo castaño al lado de la iglesia parroquial de Santiago de Baamonde, que iba a ser cortado en 1971 a pesar de tener ocho metros de circunferencia. El artista cogió las gubias, mazos y formones y se metió a tallar varias piezas en el interior de su gran tronco vivo: una Virgen del Rosario, que es la patrona, unos ángeles, una comadreja y unos pájaros, y consiguió con su acción evitar que fuera cortado por la cercanía de la carretera y convertirlo en una obra de arte viva. Por la carretera pasa el Camino de peregrinación hacia la tumba del Señor Sant-Iago. Mucho más que un valor añadido de este modo para el Camino Xacobeo, desde el amor a los árboles y a la tierra madre.

saltar ao pe de páxina