saltar ao contido

MARaVIÑAS

Autor Manuel José Quintana Martelo
Data/Fecha 2013-2018
Medidas 200x550 cm
Técnica|Material Óleo, tea/tela
Tipo Pintura
* Colección particular en depósito

Manuel Quintana Martelo (Roxos, Santiago de Compostela, n.1946) denominado MAR a VIÑAS, óleo sobre tea a modo de tríptico, de gran formato, datado entre 2013 e 2018 e asinado 'QM'. A peza é a parte polo todo dun gran proxecto desenvolvido entre 2011 e 2013, exposto en Santiago. Centrado en Manuel Viñas, pescador de Campelo (Poio, Pontevedra), e a súa dorna, un personaxe que toma como modelo, e plasma con minuciosos debuxos previos, tamén en esculturas de bronce. O artista, que tivo a Goya, Rembrandt ou Hockney no seu museo imaxinario, formouse en Barcelona, estudando na Escola de Belles Arts, e viaxou con bolsas de estudos por Europa, para regresar nos anos oitenta a Galicia. Participou no Grupo Atlántica, e ten feito numerosas exposicións, e colaborado coas súas ilustracións en libros. Dende 2010 fai tamén escultura. Pintor matérico, realista e hiperrealista, un grande co concepto de bodegón, que renova cunha praxe de entomólogo, para capturar o que temos ao noso carón, e a súa luz.

Manuel Quintana Martelo (Rubios, Santiago de Compostela, n.1946) denominado MAR a VIÑAS, óleo sobre tela a modo de tríptico, de gran formato, datado entre 2013 y 2018 y firmado ' QM'. La pieza es la parte por el todo de un gran proyecto desarrollado entre 2011 y 2013, expuesto en Santiago. Centrado en Manuel Viñas, pescador de Campelo (Poio, Pontevedra), y su dorna, un personaje que toma como modelo, y plasma con minuciosos dibujos previos, también en esculturas de bronce. El artista, que tuvo a Goya, Rembrandt o Hockney en su museo imaginario, se formó en Barcelona, estudiando en la Escuela de Belles Arts, y viajó con becas de estudios por Europa, para regresar en los años ochenta a Galicia. Participó en el Grupo Atlántica, y ha hecho numerosas exposiciones, y colaborado con sus ilustraciones en libros. Desde 2010 hace también escultura. Pintor matérico, realista e hiperrealista, un grande con el concepto de bodegón, que renueva con una praxis de entomólogo, para capturar lo que tenemos a nuestro alrededor, y su luz.

saltar ao pe de páxina