saltar ao contido

Capela

Capela, de 2013, un traballo de reflexión dende a roda do círculo, nunha estrutura bloque/bolo con cruz a modo de celosía no centro do núcleo. Hai que poñela en relación coa cruz dunha das obras da súa casa-museo en Quintáns, á beira do estuario do río Umia, que se abre no noso maxín dende catro ocos cadrados. E tamén coa cruz que fixo para o altar do Papa Benedicto XVI na Praza do Obradoiro en 2010, aberta como oco entre dous bloques.


Capela, de 2013, un trabajo de reflexión desde la rueda del círculo, en una estructura bloque/bolo con cruz a modo de celosía en el centro del núcleo. Hay que ponerla en relación con la cruz de una de las obras de su casa-museo en Quintáns, al lado del estuario del río Umia, que se abre en nuestra mente desde cuatro huecos cuadrados. Y también con la cruz que hizo para el altar del Papa Benedicto XVI en la Praza do Obradoiro en 2010, abierta como hueco entre dos bloques.

Autor Manuel Paz Mouta
Data/Fecha 2013
Medidas 52X50X15 112x31x28 cm
Técnica|Material Granito, madeira/madera
Tipo Escultura
* Colección Parlamento de Galicia

O escultor de Cambados (Pontevedra) Manuel Paz Mouta naceu en Santa Cruz de Castrelo, en 1957. Foi mestre da Escola de Canteiros de Poio, e antes estudara en Artes e Oficios de Santiago de Compostela. Comezou a expoñer co gallo da Vª Bienal de Pontevedra, en 1979, á que seguiron outras colectivas como ARCO, en Madrid, e individuais por España, Portugal ou Panamá. Ten colocado algunhas das máis significadas obras monumentais, caso dos Menhires por la Paz, no parque escultórico da torre de Hércules, A Coruña, de 1994, que xunta tradición e modernidade en harmónico desfrute plástico, obra que define o seu estilo no traballo da pedra. O granito, nas súas diferentes variedades, non ten segredos para este mestre, incorporando tamén dende comezos desta década o granito azul de Bahía (Brasil). Ten nos fondos do Parlamento unha obra, Capela, de 2013, un traballo de reflexión dende a roda do círculo, nunha estrutura bloque/bolo con cruz a modo de celosía no centro do núcleo. Hai que poñela en relación coa cruz dunha das obras da súa casa-museo en Quintáns, á beira do estuario do río Umia, que se abre no noso maxín dende catro ocos cadrados. E tamén coa cruz que fixo para o altar do Papa Benedicto XVI na Praza do Obradoiro en 2010, aberta como oco entre dous bloques.

El escultor de Cambados (Pontevedra) Manuel Paz Mouta nació en Santa Cruz de Castrelo, en 1957. Fue maestro de la Escuela de Canteros de Poio, y antes había estudiado en Artes y Oficios en Santiago de Compostela. Comenzó a exponer con motivo de la Vª Bienal de Pontevedra, en 1979, a la que siguieron otras colectivas como ARCO, en Madrid, e individuales por España, Portugal o Panamá. Tiene algunas de las más significativas obras monumentales, caso de los Menhires por la Paz, en el parque escultórico de la torre de Hércules, A Coruña, de 1994, que junta tradición y modernidad en armónico disfrute plástico, obra que define su estilo en el trabajo de la piedra. El granito, en sus diferentes variedades, no tiene secretos para este maestro, incorporando también desde comienzos de esta década el granito azul de Bahía (Brasil).

Tiene en los fondos del Parlamento una obra, Capela, de 2013, un trabajo de reflexión desde la rueda del círculo, en una estructura bloque/bolo con cruz a modo de celosía en el centro del núcleo. Hay que ponerla en relación con la cruz de una de las obras de su casa-museo en Quintáns, al lado del estuario del río Umia, que se abre en nuestra mente desde cuatro huecos cuadrados. Y también con la cruz que hizo para el altar del Papa Benedicto XVI en la Praza do Obradoiro en 2010, abierta como hueco entre dos bloques.

saltar ao pe de páxina