saltar ao contido

Díptico Sima I

Autor Paula Mariño Pazó
Data/Fecha 2016
Medidas 120x150 cm
Técnica|Material Óleo, pigmentos, verniz e técnica mixta, lenzo / Óleo, pigmentos, barniz y técnica mixta, lienzo
Tipo Pintura
* Colección Parlamento de Galicia

Da artista natural de Vigo Paula Mariño Pazó (n.1958), con residencia en Pontevedra, é o seu díptico Sima nº 1 e Sima nº 2, realizado en 2016, sobre lenzo con óleo, pigmentos e verniz. Licenciada na Universidade de Santiago e na de Vigo en Historia da Arte moderna e contemporánea, e en Belas Artes en pintura, gravado e estampación, respectivamente, é unha estudosa dos movementos artísticos, publicando artigos da súa especialidade en revistas especializadas. Como escritora, ten publicado un libro de relatos, Na derruba, en 2006. Esta artista visual, que emprega a fotografía e o gravado, técnica coa que comezou a expoñer en 1993, é docente na escola municipal de Artes e Oficios de Vigo, e comisaria de exposicións. O suxestivo da obra do Parlamento é a súa capacidade evocadora de pensamentos dende esvaídos campos cromáticos, realidades imaxinadas que atrapa no ar como posibilidades. A outra obra do Parlamento, sen título, da serie 'A Sima', e do mesmo ano que o díptico, é unha suxestiva peza con resaibos figurativos femininos.

De la artista natural de Vigo Paula Mariño Pazó (n.1958), con residencia en Pontevedra, es su díptico Sima nº 1 y Sima nº 2, realizado en 2016, sobre lienzo con óleo, pigmentos y barniz. Licenciada en la Universidad de Santiago y en la de Vigo en Historia del arte moderna y contemporánea, y en Bellas Artes en pintura, grabado y estampación, respectivamente, es una estudiosa de los movimientos artísticos, publicando artículos de su especialidad en revistas especializadas. Como escritora, ha publicado un libro de relatos, En la derriba, en 2006. Esta artista visual, que emplea la fotografía y el grabado, técnica con la que comenzó a exponer en 1993, es docente en la escuela municipal de Artes y Oficios de Vigo, y comisaria de exposiciones. Lo sugestivo de la obra del Parlamento es su capacidad evocadora de pensamientos desde desaparecidos campos cromáticos, realidades imaginadas que atrapa en el aire como posibilidades. La otra obra del Parlamento, sin título, de la serie 'A Sima', y del mismo año que el díptico, es una sugestiva pieza con regustos figurativos femeninos.

saltar ao pe de páxina