saltar ao contido

Vendima

Autor Virxilio Fernández Cañedo
Data/Fecha Década 1980
Medidas 60x80 cm
Técnica|Material Acrílico con relevo sobre táboa/Acrílico con relieve sobre tabla
Tipo Pintura
* Colección Parlamento de Galicia

Virxilio Fernández Cañedo (Ourense, 1925-2011) estudou na Escola de Artes e Oficios de Ourense co acubillo do seu director, Luis Fernández Pérez, e, seguindo a influencia de Cándido Fernández Mazas, foi a París, onde foi admitido na École National Supérieur des Beaux-Arts, mais apenas asistía ás clases, deixándose influír polo ambiente cosmopolita, polo que deveceu. Con Arturo Baltar xuntaranse por unha tempada ao grupo dos Artistiñas, De Dios, Acisclo e Quessada, nacido tras a morte de Risco, aos que se unirán Buciños e Pousa, grupo de Siete artistas gallegos que, apadriñados por Otero Pedrayo, expoñen en 1965 en Santander, Vigo e A Coruña. En 1972 vai a Milán para expoñer nunha mostra de Amnistía dedicada a España, fai exposicións en Ourense e Vigo, e as ilustracións da Gran Enciclopedia Gallega e en capas de libros, de Xesús Rábade ou Uxío Novoneyra, entre outros. Expoñería en 1975 en Berlín. Viviu en Colonia, cidade da R. F. Alemaña, onde vivía unha boa colonia de galegos e naquela altura, xa cunha idade madura, expuxo alí e tamén en Bonn, a capital federal, sendo a de Frankfurt en 1987 a súa derradeira exposición alí. A fama do artista áchase en ter acadado un recoñecido estilo dende táboa como soporte para dispoñer miúdas capas de areas mesturadas, técnica en relevo que o caracteriza dende as formas curvas e pequenas volutas, con intensas cores. Foi ademais un gran debuxante a pluma.

Un dos seus máis acaídos temas é o da vendima, e as mulleres, ás que coloca pequenos relevos nos peitos, composicións sen tridimensionalidade apenas, e cun realismo inxenuo e primitivista. Así, Vendima de Monterrei, sen datar e asinado 'vfc', no antigo val de Baroncelli, sueste da provincia de Ourense, terra de antigos viños arredor do val do río Támega. Cinco mulleres cubertas por amplos vestidos e panos nas cabezas están entre as vides baixas, e colocan os acios no coleiro. Os tons vermellos dominan a obra. Mais na outra, Vendima, o ton é anil. Son agora catro as mulleres arredor dos coleiros colmados de acios. Da mesma cor ca esta última é Fruteiros, tres ensimesmadas mulleres que miran nun cuberto dobre de ar gótico nunha feira, sentadas nun banco corrido. Un óleo sobre lenzo é un suxestivo Bodegón de membrillos, unha rama dun marmeleiro que pendura dunha corda, entre as follas verdes. Hai ademais outras dúas pequenas obras, tintas sobre cartónou papel, que falan da súa calidade como debuxante, un Bodegón, asinado e datado 'vfc 74', obxectos nun aparador do comedor, cunha teteira destacada, e no fondo unha xerra con follas de loureiro. O outro, Bosque, é unha vista fragmentaria dun conxunto de árbores, posiblemente piñeiros, pintados dende os seus miúdos troncos, que vería nas inmediacións do seu taller do Cumial. Esta é de 1974, sendo a única de todas estas obras súas do Parlamento que firma como 'Virxilio'.

Virxilio Fernández Cañedo (Ourense, 1925-2011) estudió en la Escuela de Artes y Oficios de Ourense al amparo de su director, Luis Fernández Pérez, y, siguiendo la influencia de Cándido Fernández Mazas, fue a París, donde fue admitido en la École National Supérieur des Beaux-Arts, pero apenas asistía a las clases, dejándose influir por el ambiente cosmopolita que tanto le gustaba. Con Arturo Baltar se unirán por una temporada al grupo de los Artistiñas, De Dios, Acisclo y Quessada, nacido tras la muerte de Risco, a los que se unirán Buciños y Pousa, grupo de Siete artistas gallegos que, apadrinados por Otero Pedrayo, exponen en 1965 en Santander, Vigo y A Coruña. En 1972 va a Milán para exponer en una muestra de Amnistía dedicada a España, hace exposiciones en Ourense y Vigo, y las ilustraciones de la Gran Enciclopedia Gallega y en capas de libros, de Xesús Rábade o Uxío Novoneyra, entre otros. Expondría en 1975 en Berlín. Vivió en Colonia, ciudad de la R. F. Alemania, donde vivía una buena colonia de gallegos y, ya con una edad madura, expuso allí y también en Bonn, la capital federal, siendo la de Fránkfurt en 1987 su última exposición allí. La fama del artista se halla en haber alcanzado un reconocido estilo desde tabla como soporte para disponer menudas capas de arenas mezcladas, técnica en relieve que lo caracteriza desde las formas curvas y pequeñas volutas, con intensos colores. Fue además un gran dibujante a pluma.

Uno de sus más acaídos temas es la vendimia, y las mujeres, a las que coloca pequeños relieves en los pechos, composiciones sin tridimensionalidad apenas, y con un realismo ingenuo y primitivista. Así, Vendima de Monterrei, sin datar y firmado 'vfc', en el antiguo valle de Baroncelli, sureste de la provincia de Ourense, tierra de antiguos vinos alrededor del valle del río Támega. Cinco mujeres cubiertas por amplios vestidos y paños en las cabezas están entre las vides bajas, y colocan los racimos en cestas. Los tonos rojos dominan la obra. Sin embargo, en la otra, Vendima, el tono es añil. Son ahora cuatro las mujeres alrededor de las cestas colmadas de racimos. Del mismo color que esta última es Fruteiros, tres ensimismadas mujeres que miran desde una cubierta doble de aire gótico, en una feria, sentadas en un banco corrido. Un óleo sobre lienzo es un sugestivo Bodegón de membrillos, una rama de un membrillero que cuelga de una cuerda, entre las hojas verdes. Hay además otras dos pequeñas obras, tintas sobre tarjeta o papel, que hablan de su calidad como dibujante, un Bodegón, firmado y datado 'vfc 74', objetos en un aparador del comedor, con una tetera destacada, y en el fondo una jarra con hojas de laurel. El otro, Bosque, es una vista fragmentaria de un conjunto de árboles, posiblemente pinos, pintados desde sus menudos troncos, que vería en las cercanías de su taller del Cumial. Esta es de 1974, siendo la única de todas estas obras suyas del Parlamento que firma como 'Virxilio'.

saltar ao pe de páxina