Coñece as túas institucións
Información das normas de visitas debido o coronavirus.
Debido ó problema do coronavirus esta modalidade de visitas foi suspendida temporalmente
Video en lingua de signos de coñece as túas institucións
Convenio de colaboración asinado entre Parlamento de Galicia e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria o pasado 18 de decembro de 2017 que permitirá organizar visitas guiadas conxuntas ás sedes do poder lexislativo e do poder executivo galegos para o alumnado de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de ESO de centros de titularidade pública da Comunidade Autónoma.
O obxectivo deste programa, denominado Coñece as túas institucións, é que o alumnado poida coñecer de primeira man o funcionamento do Parlamento e da Xunta e comprenda a separación de poderes propia das democracias.
Se quere saber máis detalles, pode consultar a operativa aplicable ó programa didáctico .
O Parlamento de Galicia ofrece unha unidade didáctica, deseñada para facilitar o aproveitamento académico da visita, que se pode descargar nos seguintes enlaces: