saltar ao contido

Pilar Rojo aposta por divulgar as normas e procedementos parlamentarios para dar a coñecer as institucións

 
• Presidiu na Casa de Galicia en Madrid a presentación dun “Manual de actuación do Parlamentario” que  nunha linguaxe amena pretende achegar a realidade do poder lexislativo a un público non especializado
 
• Pilar Rojo avanza que o Parlamento de Galicia presentará nos próximos días o seu propio “Manual Parlamentario” no marco dunha estratexia para achegar a Cámara á sociedade

Madrid, 23 de xaneiro de 2012.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, apostou hoxe por “favorecer o funcionamento regular das institucións parlamentarias, simplificando o coñecemento das súas normas e procedementos para todos”. 
 
Pilar Rojo fixo estas reflexións este mediodía, no acto de presentación do “Manual de  actuación do Parlamentario”, coordinado polo letrado oficial maior da Cámara Galega, Xosé Antón Sarmiento, e editado por El Derecho.
 
O acto desenvolveuse nas dependencias da Casa de Galicia en Madrid, coa presenza de, entre outros, o delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega.
 
Na súa intervención, a titular do lexislativo galego recordou que a publicación deste  libro ten a súa orixe na estratexia que ven desenvolvendo o Parlamento de Galicia desde o inicio da actual lexislatura, “impulsando numerosas actividades de formación e perfeccionamiento dirixidas tanto aos deputados como ao personal da Cámara e aos xornalistas que cubren a información parlamentaria”.

O libro presentado hoxe busca, a través dunha linguaxe amena, que foxe das citas doctrinais e inclúe mapas conceptuais que facilitan a comprensibilidade, “achegar a realidade dos nosos diferentes parlamentos a un público heteroxéneo”.
 
Pola súa banda, Ónega calificou a obra de excepcional e resaltou que “da resposta aos principais interrogantes sobre o funcionamento do lexislativo” e “facilita o camiño do parlamentarismo”.

Manual propio para a Cámara galega
Rojo Noguera avanzou que nos próximos días, o Parlamento de Galicia presentará o seu propio “Manual Parlamentario”, que está “orientado específicamente aos deputados e deputadas da Cámara galega, e tamén a xornalistas e todos aqueles que  teñan interese en coñecer os mecanismos que rixen o día a día do noso lexislativo, a través dun texto actualizado e de áxil lectura”.

 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina