saltar ao contido

A presidenta do Parlamento recibe a unha representación do consello reitor do IGADI, que cumpre 20 anos traballando a prol da internacionalización de Galicia


 
• Pilar Rojo felicita a Xulio Ríos, director do IGADI, co que aborda o traballo “imprescindible” que desenvolve esta entidade desde a súa creación, en 1991
 

Santiago, 15 de decembro de 2011.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, recibiu esta mañá no seu despacho da Cámara au director do IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional), Xulio Ríos, que acudiu acompañado por outros dous integrantes do consello reitor desta entidade, Antonio Martínez Puñal e Xulián Maure Rivas.
 
Os participantes nesta xuntanza pasaron revista aos 20 anos de historia do IGADI, unha entidade independente creada en 1991 e que ten por obxectivo a investigación dos problemas internacionais e a activación de estratexias que favorezan unha maior proxección internacional de Galicia.
 
A presidenta do Parlamento de Galicia felicitou ao director do IGADI polo traballo que desenvolve. “Para cantos aspiramos a edificar unha Galicia universal, perfectamente inserida no conxunto de España e en Europa, o traballo do IGADI resulta imprescindible, ao igual que o seu protagonismo nalgunha das  iniciativas de diplomacia parlamentaria auspiciadas pola institución que me honro en presidir”, afirmou Pilar Rojo.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia
 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina