Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia, 14 de decembro de 2011

 
4.2  08/PNP-1305 (68610)
    Grupo Parlamentario Popular de Galicia
    Gómez Alonso, Alejandro e 2 deputados máis
  
Sobre a continuación do proxecto de execución e   construción da Vía Ártabra
Publicación da iniciativa, BOPG núm. 534, do 08.09.2011
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
 
1.- Continuar co proxecto de execución e construción da Vía Ártabra priorizando a execución do treito de conexión desta infraestrutura coa AP-9.
 
2.- Elaborar un estudio que determine a evolución do tráfico e as necesidades de mobilidade existentes, logo de que se poñan en servizo a Terceira Ronda da Coruña, a conexión entre Lorbé e a AP-9 e o resto de infraestruturas previstas para esta zona, co fin de definir futuras actuacións e evitar investimentos improdutivos."
  
4.3  08/PNP-1394 (71065)
    Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
    Soneira Tajes, María Soledad e 3 deputados máis
  
Sobre a posición que debe defender o Goberno galego en todos os foros onde se debata a modificación da política pesqueira común 

Publicación da iniciativa, BOPG núm. 552, do 04.10.2011
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
 
1.- Constituir un grupo de traballo antes de que remate o actual período de sesións, con participación dos tres grupos políticos con representación no Parlamento e a Consellería do Mar, coa finalidade de definir unha posición política sobre a proposta de reforma da Política Pesqueira Común feita pola Unión Europea.
 
2.- A remitir, non máis tarde do primeiro trimestre de 2012, ao Parlamento de Galicia, unha comunicación -previo debate,  coas achegas que poda incorporar o Consello Galego de Pesca- na que se recollan as conclusións do devandito grupo de traballo, para o seu debate, de acordo coas artigos 140 e 141 do Regulamento da Cámara”.
  
4.4  08/PNP-1429 (72460)
    Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
    Aymerich Cano, Carlos Ignacio
  
Sobre o mantemento e orientación da obra social de Novacaixagalicia despois da súa conversión en banco
Publicación da iniciativa, BOPG núm. 567, do 26.10.2011

O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento insta ao Goberno:
 
1.- A promover a continuidade da obra social de Novacaixagalicia e a priorización dos seus recursos cara actuacións de carácter benéfico-social e a promoción e difusión da cultura galega. A tal fin, impulsará o crecemento da participación de Novacaixagalicia no capital de Novagalicia Banco.
 
2.- A velar porque no desenvolvemento e aprobación  do plano estratéxico de Novacaixagalicia se manteña o nivel de emprego na obra social.
 
3.- A presentar, antes  do inicio do próximo periodo de sesións, un proxecto de lei regulador de fundacións de carácter especial”.
  
4.5  08/PNP-1456 (73453)
    Grupo Parlamentario Popular de Galicia
    Rodríguez Arias, Marta e 7 deputados máis
  
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para mellorar a normativa legal vixente en materia de accesibilidade
Publicación da iniciativa, BOPG núm. 581, do 16.11.2011
 
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
 
1.-  Convocar  o grupo formal de traballo mixto de persoal técnico da administración, entidades de iniciativa social e outros organismos representativos na materia para a modificación da lei de accesibilidade e elaboración de toda a normativa a desenvolver.
 
2.- Revisar a normativa actual específica de accesibilidade e realizar propostas para a súa modificación que contemple as esixencias da Convención das Nacións Unidas sobre os dereitos das persoas con discapacidade.
 
3.- Remitir o proxecto de lei de accesibilidade de Galicia a este Parlamento antes de 6 meses desde a data da aprobación desta proposición non de lei.
 
4.- Que o proxecto de lei se desenvolva no seo do grupo de traballo existente entre a Xunta de Galicia e as entidades representativas do sector.
 
5.- Que impulse e active as políticas públicas destinadas a garantir a accesibilidade aos servizos públicos das persoas con diversidade funcional”.

  
Santiago de Compostela, 14 de decemmro de 2011

 

Imaxes relacionadas