saltar ao contido

Unha delegacion da República Dominicana visita o Parlamento de Galicia

A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, recibiu esta mañá,  no seu despacho da Cámara, a unha delegación encabezada polo vicepresidente da República Dominicana, Rafael Alburquerque de Castro, acompañado polo ministro de Industria e Comercio dese país, Manuel García Arévalo, entre outras personalidades. Rafael Albuquerque asinou no libro de Ouro do Parlamento de Galicia.
 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina