A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 21 de novembro de 2023, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 14 de novembro de 2023, a orde do día da sesión é a seguinte:
Punto 1. Textos Lexislativos
1.1 | Debate e votación do Ditame, elaborado pola Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, sobre o Proxecto de lei para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia (doc. núm. 53884, 11/PL-000024) |
Publicación Ditame da Comisión e mantemento de emendas e votos particulares, BOPG n.º 593, do 13.11.2023
| |
1.2 | Debate de totalidade do Proxecto de lei da calidade alimentaria de Galicia (doc. núm. 59988, 11/PL-000025) |
Publicación e asignación á Comisión, BOPG n.º 565, do 20.09.2023 | |
Publicación de emendas á totalidade BOPG n.º 585, do 25.10.2023
| |
Punto 2. | Comparecencia |
2.1 | 62226 (11/CPP-000146) |
Da conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, por petición propia, para informar sobre igualdade e loita contra a violencia de xénero | |
Punto 3. | Mocións |
3.1 | 62144 (11/MOC-000182) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Otero Lago, Noelia | |
Sobre os servizos de transporte escolar (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 60841, publicada no BOPG 578, do 11 de outubro de 2023, e debatida na sesión plenaria do día 7 de novembro de 2023.) | |
3.2 | 62145 (11/MOC-000183) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Ríos Santomé, Paulo | |
Sobre a contratación do servizo de transporte público (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 52097, publicada no BOPG 478, do 5 de abril de 2023, e debatida na sesión plenaria do día 7 de novembro de 2023.) | |
3.3 | 62146 (11/MOC-000184) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Torrado Quintela, Julio | |
Sobre a atención á saúde mental no Sistema público de saúde (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 59152, publicada no BOPG 561, do 13 de setembro de 2023, e debatida na sesión plenaria do día 7 de novembro de 2023.) | |
Punto 4. | Proposicións non de lei |
4.1 | 57950 (11/PNP-004663) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Díaz Varela, Noa Susana e Otero Lago, Noelia | |
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para avanzar na erradicación da violencia sexual | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 552, do 30.08.2023 | |
4.2 | 58152 (11/PNP-004684) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Fernández Alfonzo, Ramón e 2 máis | |
Sobre as medidas que debe demandar a Xunta de Galicia ao Goberno central co obxecto de resolver os problemas xerados polo proceso de transición derivado do peche da central térmica das Pontes | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 552, do 30.08.2023 | |
4.3 | 60354 (11/PNP-004865) |
Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
Sobre a proposta de resolución que se presenta co fin de que o Parlamento de Galicia exprese o seu rexeitamento a calquera tipo de amnistía, lembre o necesario compromiso dos poderes públicos co imperio da lei e anime á adopción de acordos de Estado | |
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 570, do 27.09.2023 | |
4.4 | 61288 (11/PNP-004954) |
Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
Balseiro Orol, José Manuel e 7 máis | |
Sobre as actuacións que a Xunta de Galicia debe demandar ao Goberno central co fin de que posibilite que a industria electrointensiva, como é o caso de Alcoa en Galicia, poida ser competitiva | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 585, do 25.10.2023 | |
4.5 | 61472 (11/PNP-004973) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Rodríguez Dacosta, María del Carmen e Seco García, Martín | |
Sobre as medidas que debe poñer en marcha o Goberno galego co obxecto de afrontar a crise de produción de castaña | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 588, do 02.11.2023 | |
4.6 | 61808 (11/PNP-005007) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Presas Bergantiños, Noa e Rodil Fernández, Olalla | |
Sobre as accións que no contexto actual debe impulsar o Goberno galego en relación coa violencia machista | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 591, do 08.11.2023 | |
Punto 5. | Interpelacións |
5.1 | 58611 (11/INT-002734) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Presas Bergantiños, Noa e 3 máis | |
Sobre o modelo de desenvolvemento do sector eólico en Galicia | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 557, do 07.09.2023 | |
5.2 | 61714 (11/INT-002857) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Otero Lago, Noelia e 3 máis | |
Sobre a situación laboral e económica da mocidade en Galicia | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 591, do 08.11.2023 | |
5.3 | 61795 (11/INT-002862) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Pérez Fernández, Rosana e 2 máis | |
Sobre o estado da produtividade das rías galegas | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 591, do 08.11.2023 | |
Punto 6. | Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta de Galicia |
6.1 | 62223 (11/POPX-000123) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Álvarez Martínez, Luis Manuel | |
Sobre os pasos que deu o Goberno galego nesta lexislatura para avanzar en materia de igualdade | |
6.2 | 62224 (11/POPX-000124) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Pontón Mondelo, Ana | |
Sobre as medidas que prevé impulsar para reducir o impacto da débeda xerada polo seu goberno nas contas públicas | |
Punto 7. | Preguntas ao Goberno |
7.1 | 56641 (11/POP-008773) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Tabarés Pérez-Piñeiro, Iago e 2 máis | |
Sobre cales foron as actuacións realizadas polo Goberno galego para a mellora da dotación e das condicións laborais dos cadros de persoal dos consorcios provinciais de extinción de incendios e salvamento | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 543, do 11.08.2023
| |
7.2 | 62221 (11/PUP-000375) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Tabarés Pérez-Piñeiro, Iago | |
Sobre as medidas que prevé adoptar o Goberno galego orientadas a mellorar a prestación do servizo de asistencia xurídica gratuíta
| |
7.3 | 56782 (11/POP-008820) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Otero Rodríguez, Patricia e Ojea Arias, Eduardo | |
Sobre as previsións da Xunta de Galicia en relación co remate da vía de alta capacidade da costa norte | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 543, do 11.08.2023
| |
7.4 | 60145 (11/POP-009412) |
Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
Balseiro Orol, José Manuel e 6 máis | |
Sobre a valoración que fai o Goberno galego do traballo desenvolvido polo Goberno central canto á emisión dos informes e das autorizacións para executar infraestruturas hidráulicas en dominio público marítimo-terrestre | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 570, do 27.09.2023 | |
| |
7.5 | 57143 (11/POP-008937) |
Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
Sanz Arias, Cristina e 10 máis | |
Sobre a situación en que se atopa o proxecto de Altri, en Palas de Rei (Lugo) | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 548, do 22.08.2023 | |
7.6 | 61944 (11/PUP-000372) |
Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
Rodríguez Pérez, Moisés e 6 máis | |
Sobre as accións que o Goberno galego pensa realizar en defensa das persoas afectadas pola decisión da compañía Air Nostrum de denegarlles o embarque no aeroporto de Peinador o pasado 4 de novembro | |
7.7 | 61122 (11/POP-009529) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Fernández Davila, María Cristina e 2 máis | |
Sobre a postura da Xunta de Galicia ante as peticións dos sindicatos relativas aos dereitos laborais do persoal docente | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 581, do 18.10.2023 | |
7.8 | 61438 (11/POP-009574) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Díaz Varela, Noa Susana e 3 máis | |
Sobre as solucións que pensa ofrecer o Sergas para dispor dun servizo de interrupción voluntaria do embarazo e garantir este dereito | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 588, do 02.11.2023 | |
7.9 | 62153 (11/PUP-000374) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Seco García, Martín e 2 máis | |
Sobre a modificación da composición do Consello Agrario Galego a través da Lei de medidas fiscais e administrativas de 2024 |
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2023
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente