A Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 27 de outubro de 2023, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade con modificacións
- 60078 (11/PNC-005007)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rivas Cruz, Xosé Luís e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para axudar o sector gandeiro a afrontar a enfermidade hemorráxica epizoótica
BOPG n.º 570, do 27.09.2023
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento insta a Xunta de Galicia a:
1.- Indemnizar aquelas explotación gandeiras afectadas por mortes, con carácter retroactivo, onde se constate que foron causadas pola Enfermidade Hemorráxica Epizoótica (EHE).
2.- Activar charlas informativas nas Oficinas Agrarias Comarcais (OACs) e nas Agruupacións de Defensa Sanitaria (ADS), para os gandeiros e que se actualice a información na propia web da Consellería do Medio Rural."