Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 59215 (11/PNC-004951)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Balseiro Orol, José Manuel e 6 máis
Sobre a demanda que debe realizar a Xunta de Galicia ao Goberno de España en relación coas obras de reparación da estrada N-642
BOPG n.º 565, do 20.09.2023
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para que axilice a obra de reparación da estrada N-642, vía vertebral para a comunicación dos concellos do litoral da Mariña lucense, de tal xeito que se finalicen con carácter de urxencia os traballos pendentes no treito afectado polo socavón (p.q 42.3) e se garanta a recuperación da circulación no conxunto desta estrada en condicións de normalidade, vialidade e seguridade."