saltar ao contido

Acordos da Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, celebrada o 1 de xuño de 2023

 

A Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 1 de xuño de 2023, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en comisión

 

Aprobación con modificacións

 

- 51942 (11/PNC-004455)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

López Sánchez, Rosalía e seis deputados/as máis

Sobre a demanda que debe facer a Xunta de Galicia ao Goberno de España respecto da asistencia sanitaria ás persoas reclusas nos centros penitenciarios

BOPG nº 475, do 30.03.2023

 

Sométese a votación separada por puntos o texto transaccionado co resultado seguinte:

 

Puntos 1 e 2: aprobados pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

 

Punto 3: aprobado por 7 votos a favor, 2 votos en contra e 3 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

«O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a:

 

1. cumprir o acordo aprobado na Comisión 5ª do 13 de abril de 2013, impulsado polo BNG, que di: “O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que solicite do Goberno do Estado: O traspaso das competencias en materia de saúde penitenciaria á Xunta de Galicia para a súa asunción polo Servizo Galego de Saúde, de conformidade co establecido na disposición adicional sexta da Lei 16/2003, do 28 de maio, de cohesión do Sistema Nacional de Saúde, de xeito que a atención a este colectivo se realice na rede sanitaria pública galega. Esta transferencia debe estar acompañada dos medios humanos, económicos e materiais necesarios, atendendo á suficiencia dinámica para a prestación do correspondente servizo; así como da compensación da débeda contraída polo Ministerio de Interior co Sergas."

 

2. En tanto non se realiza o traspaso, demandar do Goberno do Estado que tome as medidas necesarias para garantir de forma urxente a asistencia sanitaria axeitada ás persoas reclusas nos centros penitenciarios da súa competencia polos seus propios medios, evitando a sobrecarga do persoal do Sergas dos centros de saúde e dos PAC próximos ás prisións, tal e como ten ocorrido en Teixeiro (Curtis).

 

3. Asuma a demanda efectuada por sete gobernos autonómicos e pola maioría do Congreso dos Deputados de ampliar en mil prazas ao ano a formación sanitaria especializada de medicina familiar e comunitaria para garantir especialistas suficientes para cubrir as necesidades de profesionais de atención primaria e da sanidade penitenciaria do conxunto do Sistema Nacional de Saúde.»

 

 

Aprobación por unanimidade con modificacións

 

- 11175 (11/PNC-001143)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Rodil Fernández, Olalla e dous deputados/as máis

Sobre a remisión polo Goberno galego ao Parlamento de Galicia, antes do remate do actual período de sesións, da Estratexia de prevención, atención e abordaxe integral da soidade non desexada, para o seu debate e tramitación

BOPG nº 100, do 23.02.2021

 

Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

«O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a enviar á Cámara, antes de que remate o ano, a Estratexia de prevención, atención e abordaxe integral da soidade nondesexada para o seu debate e tramitación na Cámara.»


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina