O xurado do Concurso Escolar do Parlamento comeza os seus traballos para seleccionar aos gañadores entre os 885 orixinais recibidos

 
• A presidenta do Parlamento amosa a súa satisfacción por esta elevada participación que demostra que sí é posible suscitar o interese dos máis novos polas institucións
 
 
Santiago, 29  de maio de 2011.- O xurado do Concurso Escolar convocado polo Parlamento de Galicia comezou os seus traballos o pasado xoves para seleccionar aos gañadores entre os 885 traballos recibidos e correspondentes ás modalidades de debuxo, redacción e expresión libre.
 
A iniciativa rexistra unha cifra récord de participación, feito que en opinión da presidenta da Cámara, Pilar Rojo, demostra que sí é posible suscitar o interese dos máis novos polas institucións que articulan o sistema democrático.
Os 885 participantes están escolarizados en 52 centros educativos. Destes, 21 pertencen á provincia da Coruña, 9 á de Lugo, 5 á de Ourense, e 17 á de Pontevedra.
 
Xurado plural
 
Unha vez clasificados todos os traballos, o xurado –integrado polos membros da Mesa do Parlamento ou deputados nos que deleguen, e por un docente designado pola presidenta da Cámara- constituíuse o pasado xoves, 26 de maio, para elixir un gañador e un finalista por cada unha das tres categorías establecidas nas bases da convocatoria.
 
A entrega dos premios celebrarase na sede do Parlamento de Galicia ao longo do mes de xuño.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación

Imaxes relacionadas