saltar ao contido

Acordo da Comisión 4ª., Educación e Cultura, celebrada o 30 de setembro de 2022

A  Comisión 4ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 30 de setembro de 2022, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 39764 (11/PNC-003510)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 13 máis
Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia ante o Goberno central para acadar un proxecto estratéxico para a recuperación e transformación económica no ámbito da cultura
BOPG n.º 371, do 31.08.2022
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 10 votos a favor, 2 votos en contra e 0 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a solicitarlle ao Goberno de España a aprobación dun PERTE da cultura que contribúa ao fortalecemento do sector con especial atención ás propostas presentadas polos diferentes axentes culturais no proceso de participación cidadá, en particular as remitidas pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade ao Ministerio de Cultura e Deporte.”

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina