saltar ao contido

Convocatoria da Deputación Permanente do Parlamento de Galicia para o día 26 de agosto de 2022

A Presidencia, á vista da solicitude formulada polo G.P.do Bloque Nacionalista Galego, resolveu convocar a Deputación Permanente para o día 26 de agosto de 2022, ás 11:00 horas, coa seguinte orde do día:

Punto único. Convocatoria dunha sesión extraordinaria do Pleno para que compareza o presidente da Xunta de Galicia para informar sobre o falecemento dunha paciente en Baltar (Sanxenxo) nun contexto de falta de ambulancias, así como da situación de colapso que se está a vivir nestes meses de verán no sistema sanitario público galego (doc. núm. 39591, 11/SCDP-000009)

O que lle comunico para o seu coñecemento e a súa convocatoria á devandita reunión.

Santiago de Compostela, 24 de agosto de 2022

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina