Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia, do 25 de maio de 2011

4.1  08/PNP-0998 (58979)
    Grupo Parlamentario Popular de Galicia
    Puy Fraga, Pedro
  
Sobre a elaboración dun rexistro do persoal que presta servizos nos entes instrumentais da Comunidade Autónoma de Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG núm. 411, do 16.02.2011
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a que elabore un rexistro do persoal que presta servizos nos entes instrumentais da Comunidade Autónoma de Galicia. O mencionado rexistro deberá conter o persoal fixo e temporal, as características de cada praza e o sistema de provisión”.

4.3  08/PNP-1142 (63515)
    Grupo Parlamentario Popular de Galicia
    Rodríguez Miranda, Antonio, e 2 deputados máis
  
Sobre a demanda pola Xunta de Galicia ao Goberno do Estado dunha estratexia para garantir unha axuda transitoria ás rexións que abandonan por primeira vez o obxectivo de converxencia no próximo período de programación comunitaria a partir do ano 2014
Publicación iniciativa vía urxencia, BOPG núm. 450, do 13.04.2011
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“1.- O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia que demande do Goberno do Estado o impulso, conxuntamente coas Comunidades Autónomas, dunha estratexia definida dirixida a garantir unha axuda transitoria ás rexións que abandonan por primeira vez o obxectivo converxencia no próximo período de programación comunitaria que se abre a partir de 2014.
 
2.- A  Xunta de Galicia comparecerá no Parlamento no actual período de sesións para informar das prioridades de financiamento cos fondos phasing-out para o período financiero comunitario 2014-2020.
 
3.-A Xunta de Galicia presentará no Parlamento, unha vez aprobadas as perspectivas financieras europeas e os regulamentos dos fondos estruturais, o documento coas prioridades galegas para a súa inclusión no Marco Comunitario de Apoio”.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2011.

Imaxes relacionadas