saltar ao contido

Acordo da Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, celebrada o 7 de xullo de 2022

A  Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 7 de xullo de 2022, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 34990 (11/PNC-003205)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Ortega Otero, Marina e 3 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para dotar a provincia de Ourense dunha unidade de ictus que funcione as vinte e catro  horas do día
BOPG n.º 323, do 25.05.2022
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:

"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que dote á provincia de Ourense dunha Unidade de Ictus que funcione ás 24h do día todos os días do ano e dispoña dos recursos humanos e materiais necesarios para o seu óptimo funcionamento."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina