saltar ao contido

Acordos da Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, celebrada o 07 de xuño de 2022

A  Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 7 de xuño de 2022, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión

Aprobación sen modificacións
 
- 34120 (11/PNC-003109)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Balseiro Orol, José Manuel e 6 deputados/deputadas máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para acadar a colaboración dos concellos con Portos de Galicia no control da práctica da pesca recreativa nos peiraos dos seus municipios
BOPG n.º 315, do 04.05.2022
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 5 votos en contra e 0 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a seguir traballando co obxectivo de acadar a adhesión dos concellos para colaborar con Portos de Galicia no control da práctica da pesca recreativa nos peiraos dos seus municipios, velando pola seguridade de todos os usuarios e polo desenvolvemento normal da actividade portuaria."

Aprobación por unanimidade sen modificacións

- 33623 (11/PNC-003052)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Santos Costa, Manuel e 14 deputados/deputadas máis
Sobre a demanda da Xunta de Galicia ao Goberno de España da posta en marcha dunha operación de traballo subacuático que permita localizar e inspeccionar os restos do buque afundido "Villa de Pitanxo"
BOPG n.º 307, do 13.04.2022
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a demandar do Goberno de España a posta en marcha dunha operación de traballo subacuático que permita localizar o pecio do buque "Villa de Pitanxo", descender ao esmo e elaborar un traballo fotográfico e audiovisual sobre o seu estado, así como a recoñecer os seus arredores e zona exterior do buque para verificar a posible localización de corpos dos tripulantes desaparecidos."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina