A presidenta do Parlamento visita a Institución Benéfico Social Padre Rubinos e agradece o traballo que desenvolven a prol dos máis desfavorecidos


A presidenta do Parlamento visita a Institución Benéfico Social Padre Rubinos e agradece  o traballo que desenvolven a prol dos máis desfavorecidos
 
• Durante a visita, Pilar Rojo percorreu a escola infantil, o albergue de traseúntes e a residencia da terceira idade

Santiago, 5 de maio de 2011.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, visitou este mediodía, na Coruña, a sede da Institución Benéfico Social Padre Rubinos, onde agradeceu o traballo que desenvolven as entidades deste tipo a prol das persoas máis desfavorecidas.
 
Durante a visita, que responde a unha invitación cursada polos directivos da institución, Pilar Rojo puido coñecer a oferta asistencial da Institución Padre Rubinos, como a escola infantil, o albergue de transeúntes e a residencia da terceira idade.
 
“Como presidenta do Parlamento de Galicia, e como persoa apegada á realidade, non podo menos que render público tributo ao labor de institucións como Padre Rubinos, e outras moitas, que traballan cada día, con tanta discreción como entrega desinteresada, para axudar a persoas coma nós que, pola razón que sexa, carecen do máis esencial”, afirmou Rojo Noguera.

Saúdos, Gabinete de Comunicación

Imaxes relacionadas