saltar ao contido

Acordos da Comisión Consello de Contas celebrada o 30 de marzo de 2022

A Comisión Permanente non Lexislativa para as Relacións co Consello de Contas, na reunión do 30 de marzo de 2022, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos relativos a outras institucións e órganos
 
Memoria Anual do Consello de Contas
 
Aprobación das recomendacións

 
- 19825 (11/MCON-000002)
Consello de Contas de Galicia
Memoria e contas anuais do exercicio 2020
BOPG n.º 186, do 12.08.2021
 
Recomendación núm. 1
 
O Parlamento de Galicia recomenda ao Consello de Contas analizar o impacto financeiro dos novos medicamentos de terapia avanzada CAR-T, e avaliar a capacidade de autoabastecemento dos mesmos.
 
Recomendación núm. 2
 
O Parlamento de Galicia recomenda ao Consello de Contas a avaliación do contrato de xestión da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), no eido da valoración dos contratos programas das axencias públicas e o cumprimento do seus obxectivos.
 
Recomendación núm. 3
 
O Parlamento de Galicia recomenda ao Consello de Contas dar continuidade ao próximo informe “Informe de fiscalización da asistencia sanitaria con medios alleos na Área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos” de forma que en cada Plan de Traballo se incorpore o estudo dunha nova área sanitaria.
 
Procedementos de control económico e orzamentario
 
Consello de Contas. Informe de fiscalización
 
Aprobación do ditame e das propostas de resolución pola Comisión
 

- 19825 (11/ICON-000003)
Consello de Contas de Galicia
Informes de fiscalización
BOPG n.º 186, do 12.08.2021
 
 
Ditame emitido pola Comisión Permanente non Lexislativa para as Relacións co Consello de Contas, en relación cos informes de fiscalización do sector público de Galicia contidos na Memoria de actividades do Consello de Contas de 2020 (Conta xeral da Comunidade Autónoma de Galicia de 2019) e propostas de resolución aprobadas
 
A Comisión Permanente no Lexislativa para as Relacións co Consello de Contas, na súa sesión do día 30 de marzo de 2022, á vista do informe elaborado pola Ponencia relativo aos informes de fiscalización do sector público de Galicia contidos na Memoria anual de actividades do Consello de Contas de 2020 (Conta xeral da Comunidade Autónoma de Galicia 2019), aprobou o ditame e as propostas de resolución seguintes:
 
DITAME
 
Aprobase a Conta Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia correspondente ao exercicio 2019
 
PROPOSTAS DE RESOLUCIÓN DA COMISIÓN
 
Proposta de resolución núm. 2 do G.P. Popular de Galicia
 
O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a continuar dando cumprimento efectivo ás recomendacións realizadas polo Consello de Contas de Galicia nos seus informes de fiscalización.
 
Proposta de resolución núm. 3 do G.P. Popular de Galicia
 
O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a ditar unha nova instrución de contabilidade que adapte o contido da Conta Xeral á nova redacción do artigo 118 e seguintes do Decreto Lexislativo 1/1999, de 7 de outubro.
 
Proposta de resolución núm. 4 do G.P. Popular de Galicia
 
O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a continuar aprobando plans de prevención de riscos de xestión por parte dos centros directivos que integran a administración xeral da Comunidade Autónoma e polos seus entes instrumentais.
 
Proposta de resolución núm. 18 do G.P. do Bloque Nacionalista Galego
 
O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a estabelecer sistemas de control sobre as sociedades e fundacións públicas nas que a Administración autonómica non ostenta o control pero é o socio maioritario.
 
Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2022

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina