saltar ao contido

Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o 4 de abril de 2022

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 4 de abril de 2022, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
 
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 29 de marzo de 2022, a orde do día da sesión é a seguinte:
 
Punto 1. Texto Lexislativo
 
Debate de toma en consideración da Proposición de lei, do G.P. dos Socialistas de Galicia, para a mellora da asistencia primaria no sistema público de saúde de Galicia (doc. núm. 29919, 11/PPL-000009)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 273, do 08.02.2022
 
Punto 2. Comparecencia
 
2.1 32138 (11/CPP-000079)
Do conselleiro do Medio Rural, por petición propia, para informar sobre a preocupante situación do sector gandeiro galego polo incremento dos custos de produción
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 292, do 16.03.2022
 
Punto 3. Mocións
 
3.1 32939 (11/MOC-000091)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
González Iglesias, María do Carme
Sobre a promoción de fábricas de compoñentes para a automoción (Moción a consecuencia da interpelación doc. núm 31413, publicada no BOPG núm. 293, do 17 de marzo de 2022, e debatida na sesión plenaria do 22 de marzo de 2022)
 
3.2 32940 (11/MOC-000092)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Ortega Otero, Marina
Sobre a política da Consellería de Política Social respecto do sector das residencias de maiores (Moción a consecuencia da interpelación doc. núm. 31431, publicada no BOPG núm. 289, do 9 de marzo de 2022, e debatida na sesión plenaria do 22 de marzo de 2022)
 
3.3 32941 (11/MOC-000093)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa
Sobre o incremento dos prezos e o seu impacto na economía e nos fogares (Moción a consecuencia da interpelación doc. núm. 30608, publicada no BOPG núm. 282, do 24 de febreiro de 2022, e debatida na sesión plenaria do 22 de marzo de 2022)
 
Punto 4. Proposicións non de lei
 
4.1 30782 (11/PNP-002660)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Gallego Sanromán, María Leticia e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia respecto da elaboración dun plan de axudas ao pequeno comercio no rural
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 281, do 23.02.2022
 
4.2 30969 (11/PNP-002681)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Amigo Díaz, María Encarnación e 14 máis
Sobre a extensión por parte da Xunta de Galicia do protocolo de xestión integral da demanda en equipo (XIDE) a todos os centros de atención primaria
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 281, do 23.02.2022
 
4.3 32136 (11/PNP-002771)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Álvarez Martínez, Luis Manuel e 13 máis
Sobre as medidas que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para facer fronte ás consecuencias da crise económica derivada do conflito en Ucraína
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 296, do 23.03.2022
 
4.4 32195 (11/PNP-002777)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Sobre a demanda da Xunta de Galicia ao Goberno do Estado da posta en marcha de determinadas medidas urxentes para minimizar as consecuencias socioeconómicas da invasión de Ucraína nas empresas e nos cidadáns, así como sobre a posta en marcha pola Xunta de Galicia de medidas propias no ámbito das súas competencias
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 292, do 16.03.2022
 
4.5 32231 (11/PNP-002782)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas peaxes das autovías AG-55 e AG-57
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 296, do 23.03.2022
 
4.6 32312 (11/PNP-002789)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Fernández Gómez, Alexandra e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia respecto da elaboración dun plan estratéxico sobre o desenvolvemento da vivenda protexida dos polígonos 1, 2 e 3 de Navia, en Vigo
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 296, do 23.03.2022
 
Punto 5. Interpelacións
 
5.1 31861 (11/INT-001578)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Francisco Rivera, Juan Carlos e Otero Rodríguez, Patricia
Sobre a política da Xunta de Galicia para mitigar a incidencia, nos fogares con menos recursos económicos, dos gastos de vivenda como consecuencia da guerra de Ucraína
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 292, do 16.03.2022
 
5.2 32289 (11/INT-001607)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pérez Fernández, Rosana e 2 máis
Sobre a situación do sector pesqueiro
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 296, do 23.03.2022
 

5.3 32330 (11/INT-001610)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodil Fernández, Olalla e 2 máis
Sobre a política da Xunta de Galicia respecto da transferencia do ingreso mínimo vital
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 296, do 23.03.2022
 
Punto 6. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta de Galicia
 
6.1 33040 (11/POPX-000063)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Álvarez Martínez, Luis Manuel
Sobre as medidas de apoio aos sectores estratéxicos galegos que pensa poñer en marcha o Goberno galego
 
6.2 33042 (11/POPX-000064)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana
Sobre a situación do Goberno galego
 
Punto 7. Preguntas ao Goberno
 
7.1 31933 (11/POP-004678)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Tabarés Pérez-Piñeiro, Iago e 2 máis
Sobre a data prevista pola Xunta de Galicia para presentar un proxecto de lei do xogo
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 292, do 16.03.2022
 
7.2 31982 (11/POP-004682)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
íaz Varela, Noa Susana e Otero Rodríguez, Patricia
 Sobre o servizo de transporte interurbano de viaxeiros por estrada nos concellos da comarca do Barbanza
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 292, do 16.03.2022
 
7.3 33041 (11/PUP-000248)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Arangüena Fernández, Pablo
Sobre as previsións do Goberno galego respecto de atender as alegacións do Concello de Cambre en relación co trazado da vía ártabra
 
7.4 29438 (11/POP-004415)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodeiro Tato, Ovidio e 6 máis
Sobre os principais factores que teñen contribuído a reducir a taxa de abandono escolar nos últimos anos
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 275, do 10.02.2022
 
7.5 33039 (11/PUP-000247)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodil Fernández, Olalla
Sobre as axudas en materia de vivenda dirixidas a mulleres en situación de violencia machista
 

7.6 30875 (11/POP-004572)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
González Albert, María e 4 máis
Sobre os motivos da inacción da Xunta de Galicia ante os impagos da empresa de seguridade privada dos hospitais públicos de Valdeorras e Verín aos seus traballadores
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 282, do 24.02.2022
 
7.7 32438 (11/POP-004730)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Rodríguez Dacosta, María del Carmen e 2 máis
Sobre as previsións do Goberno galego respecto da reformulación do modelo das brigadas municipais creadas ao amparo dos convenios de participación na prevención e defensa contra os incendios forestais
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 296, do 23.03.2022

7.8 32536 (11/PUP-000244)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 6 máis
Sobre a valoración do Goberno galego respecto da sentenza emitida polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ante o recurso contencioso-administrativo do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico contra a Orde do 21 de decembro de 2020 pola que se aproba o Plan xeral de explotación marisqueira para o trienio 2021-2023
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 296, do 23.03.2022
 
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
 
O que lle comunico para o seu coñecemento e a súa convocatoria á devandita reunión.
 
Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2022
 
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina