saltar ao contido

Acordos Comisión 2ª., Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, celebrada o 24 de marzo de 2022

A Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, na súa sesión do 24 de marzo de 2022, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 31624 (11/PNC-002835)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Freire Vázquez, María Begoña e 6 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación coa futura Lei de vivenda estatal
BOPG n.º 289, do 09.03.2022
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 2 votos en contra e 3 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a que, no suposto de que a futura Lei de Vivenda estatal manteña a redacción orixinal, adopte as acción xurídicas pertinentes incluída, de ser o caso, a interposición do correspondente recurso de inconstitucionalidade, previo informe da asesoría xurídica que acredite a invasión das competencias exclusivas autonómicas en materia de vivenda”.
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 27163 (11/PNC-002504)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís e 4 máis
Sobre as actuacións que debe realizar o Gobeno galego ante o Goberno do Estado para mellorar os servizos ferroviarios de media distancia e proximidade
BOPG n.º 256, do 14.01.2022
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:

“O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a demandar do goberno do Estado:
 
1. A reorganización dos horarios da liña Vigo-Coruña tanto de ida como de  volta, para facilitar a conciliación cos horarios laborais e familiares, contemplando entre outras as seguintes medidas:
 
-adianto da hora de saída do tren que actualmente sae ás 6.40 de Vigo e retraso  da saída do que sae de Coruña ás 15 horas;
- reposición da frecuencia diaria Coruña-Vigo con saída ás 18 h
-estudo da modificación dos horarios de saída a primeira hora da mañá de Coruña e pola tarde de Vigo.
 
2. A adopción das medidas necesarias para garantir a puntualidade e a seguridade do servizo.
 
3. A ampliación e flexibilización dos abonos, tanto nas modalidades de abonos como no referente ao prazo de vixencia así como á posibilidade de utilizado en calquera das frecuencias existentes.
 
4. Unha política tarifaria que inclúa descontos por motivos económicos, sociais, de idade e familiares, e que remate coa discriminación que sofren as persoas usuarias da liña Ourense-A Coruña.”

- 28200 (11/PNC-002570)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Calvo Pouso, Diego e 6 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno español en relación coa alta velocidade
BOPG n.º 264, do 26.01.2022
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento insta ao Goberno galego a requirir ao Goberno español que garanta os  tempos de viaxe do AVE comprometidos dotando a rede ferroviaria da Comunidade de trens AVRIL; que concrete o cronograma para a chegada da alta velocidade ao conxunto das cidades galegas; e informe de forma certeira de cando estarán dispoñibles eses trens de rodadura desprazable, algo que, en todo caso, deberá ser no prazo máis breve posible.”

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina