saltar ao contido

Convocatoria da Sesión Plenaria do Parlamento de Galicia prevista para o 22 de marzo de 2022

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 22 de marzo de 2022, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
 
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 15 de marzo de 2022, a orde do día da sesión é a seguinte:
 
Punto 1. Debate e votación do Ditame emitido pola Comisión non permanente especial de estudo sobre a seguridade viaria en Galicia (doc. núm. 1475, 11/SCNP-000003)
(Publicación do ditame e do voto particular BOPG nº 291, do 14.03.2022)
 
Punto 2. Texto lexislativo
 
Debate de toma en consideración da Proposición de lei, de iniciativa popular, para una lei de saúde mental de Galicia (doc. núm. 15778, 11/PPLI-000002)
Publicación da admisión a trámite e constitución da Comisión Promotora, BOPG n.º 144, do 26.05.2021
Publicación da Proposición de lei, BOPG n.º 269, do 02.02.2022

 
Punto 3. Comparecencia
 
32138 (11/CPP-000079)
Do conselleiro do Medio Rural, por petición propia, para informar sobre a preocupante situación do sector gandeiro galego polo incremento dos custos de produción
 
Punto 4. Mocións
 
4.1 32063 (11/MOC-000088)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María Montserrat
Sobre a política da Xunta de Galicia en materia de atención integral da saúde das mulleres (Moción a consecuencia da Interpelación nº 15953 publicada no BOPG nº 140, do 19.5.2021, e debatida na sesión plenaria do 8.3.2022)
 
4.2 32129 (11/MOC-000089)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Díaz Varela, Noa Susana
Sobre o Plan galego de conciliación e corresponsabilidade 2018-2021 (Moción consecuencia da Interpelación nº 30681, publicada no BOPG nº 282, do 24.2.2022, e debatida na sesión plenaria do 8.3.2022)
 
4.3 32155 (11/MOC-000090)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Arangüena Fernández, Pablo
Sobre o aumento das verteduras ás rías galegas (Moción a consecuencia da Interpelación nº 30758, publicada no BOPG núm. 282, do 24.2.2022, e debatida na sesión plenaria do 8.3.2022)
 
Punto 5. Proposicións non de lei
 
5.1 14760 (11/PNP-001461)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodil Fernández, Olalla e 2 máis
Sobre a adopción polo Goberno galego das medidas necesarias para regular a Tarxeta Básica e configurala como unha axuda de emerxencia que sirva de ponte cara a outras prestacións sociais
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 134, do 05.05.2021
 
5.2 25249 (11/PNP-002278)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Álvarez Martínez, Luis Manuel e Díaz Varela, Noa Susana
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para asumir os servizos da súa competencia, actualmente prestados polas entidades locais, relativos aos conservatorios profesionais de música
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 236, do 01.12.2021
 
5.3 28282 (11/PNP-002482)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa e 3 máis
Sobre a demanda da Xunta de Galicia ao Goberno central respecto da regulación por lei do dereito ao acceso da poboación á enerxía
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 264, do 26.01.2022
 
5.4 30850 (11/PNP-002668)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Balseiro Orol, José Manuel e 7 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para manter as medidas de apoio económico dirixidas ás persoas traballadoras autónomas
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 281, do 23.02.2022
 
5.5 31299 (11/PNP-002706)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Nóvoa Iglesias, Marta e 6 máis
Sobre a demanda da Xunta de Galicia ao Goberno de España das actuacións necesarias para reducir o prezo dos combustibles
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 289, do 09.03.2022
 
5.6 31576 (11/PNP-002726)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Francisco Rivera, Juan Carlos e Otero Rodríguez, Patricia
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia respecto da convocatoria de axudas aos programas de vivenda estatal 2022-2025
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 289, do 09.03.2022
 
Punto 6. Interpelacións
 
6.1 30608 (11/INT-001514)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa e 2 máis
Sobre o incremento dos prezos e o seu impacto na economía e nos fogares
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 282, do 24.02.2022
 
6.2 31413 (11/INT-001559)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
González Iglesias, María do Carme e 2 máis
Sobre a promoción de fábricas de compoñentes para a automoción
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 289, do 09.03.2022
 
6.3 31431 (11/INT-001560)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Ortega Otero, Marina e 2 máis
Sobre a política da Consellería de Política Social respecto do sector das residencias de maiores
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 289, do 09.03.2022
 
Punto 7. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta de Galicia
 
7.1 32216 (11/POPX-000061)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Álvarez Martínez, Luis Manuel
Sobre as medidas previstas pola Xunta de Galicia para elaborar un plan de choque para facer fronte a situación económica derivada da guerra provocada por Rusia tras invadir Ucraína
 
7.2 32217 (11/POPX-000062)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana
Sobre as medidas que vai impulsar o Goberno galego ante a escalada de prezos
 
Punto 8. Preguntas ao Goberno
 
8.1 29411 (11/POP-004436)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Tellado Filgueira, Miguel Ángel e 9 máis
Sobre a información de que dispón a Xunta de Galicia sobre a situación na que se atopa a planta de Alu Ibérica na Coruña
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 270, do 03.02.2022
 
8.2 31606 (11/POP-004651)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Seco García, Martín e Gallego Sanromán, María Leticia
Sobre as previsións do Goberno galego respecto das ofertas presentadas polas empresas que optan á compra do estaleiro de Barreras
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 289, do 09.03.2022
 
8.3 32215 (11/PUP-000243)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Seco García, Martín
Sobre a opinión do Goberno galego do inminente comezo da construción das fragatas F110 en Ferrol contratadas polo Ministerio de Defensa
 
8.4 32192 (11/PUP-000241)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Freire Vázquez, María Begoña e 6 máis
Sobre a valoración da Xunta de Galicia respecto do proxecto de lei de vivenda estatal que se tramita no Congreso dos Deputados e a súa invasión das competencias autonómicas exclusivas nesta materia
 
8.5 31245 (11/POP-004616)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Francisco Rivera, Juan Carlos e 2 máis
Sobre a execución da conexión do eixo de comunicación A 52, fronteira de Portugal
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 286, do 02.03.2022
 
8.6 29516 (11/POP-004426)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Ríos Santomé, Paulo e 2 máis
Sobre as medidas que vai levar a cabo a Xunta de Galicia para reverter a situación de precariedade laboral das persoas acompañantes no servizo de transporte escolar nas liñas concesionadas á empresa Monbus na comarca de Ferrol
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 275, do 10.02.2022
 
8.7 28818 (11/POP-004276)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Castro García, Daniel e 2 máis
Sobre as medidas necesarias para a mellora da sanidade pública da comarca da Mariña
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 270, do 03.02.2022
 
8.8 29541 (11/POP-004433)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pazos Couñago, José Alberto e 6 máis
Sobre o balance que fai a Xunta de Galicia do seu sistema de atención á dependencia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 275, do 10.02.2022
 
8.9 32205 (11/PUP-000242)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pérez Fernández, Rosana
Sobre a situación crítica na que se atopa a frota pesqueira galega
 
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
 
O que lle comunico para o seu coñecemento e a súa convocatoria á devandita reunión.
 
Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2022

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina