saltar ao contido

Acordos da Comisión 4ª, Educación e Cultura, celebrada o 11 de marzo de 2022

A  Comisión 4ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 11 de marzo de 2022, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 29975 (11/PNC-002684)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 13 máis
Sobre a demanda da Xunta de Galicia ao Goberno de España da elaboración dun proxecto estratéxico para a recuperación e transformación económica para o sector cultural
BOPG n.º 274, do 09.02.2022
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 2 votos en contra e 3 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a solicitar ao Goberno de España a elaboración dun PERTE para o sector cultural, ao ser este un sector que está en liña cos obxectivos destes instrumentos”.
 
- 30617 (11/PNC-002743)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodríguez Pérez, Moisés e 6 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para instar a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil para a reposición do acueduto do Pontillón sobre o río Caselas, na parroquia de Caldelas, do concello de Tui
BOPG n.º 281, do 23.02.2022
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a que se inste á Confederación Hidrográfica do Miño – Sil á reposición do Acueduto do Pontillón sobre o río Caselas na parroquia de Caldelas no Concello de Tui de interese patrimonial.”

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina