saltar ao contido

Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o 8 de marzo de 2022

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 8 de marzo de 2022, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
 
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 1 de marzo de 2022, a orde do día da sesión é a seguinte:
 
Punto 1. Comparecencia
 
1.1 31350 (11/CPP-000078)
Do conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, por petición propia, para expor o modelo educativo de Galicia
 
Punto 2. Mocións

 
2.1 31274 (11/MOC-000085)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Ortega Otero, Marina
Sobre a política da Xunta de Galicia respecto do uso problemático da internet e das redes sociais por menores e adolescentes (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm. 25300, publicada no BOPG núm. 236, do 1 de decembro de 2021, e debatida na sesión plenaria do 22 de febreiro de 2022)
 
2.2 31275 (11/MOC-000086)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa
Sobre a política do Goberno galego respecto da atención presencial na banca (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm 28965, publicada no BOPG núm. 270 do 3 de febreiro de 2022, e debatida na sesión plenaria do 22 de febreiro de 2022)
 
2.3 31276 (11/MOC-000087)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rivas Cruz, Xosé Luís
Sobre a política ambiental do Goberno galego (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm 28312, publicada no BOPG núm. 265 do 27 de xaneiro de 2022, e debatida na sesión plenaria do 22 de febreiro de 2022)
 
Punto 3. Proposicións non de lei

 
3.1 25951 (11/PNP-002352)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula e 7 máis
Sobre a medidas que debe adoptar a Xunta de Galicia para modernizar e humanizar os puntos de encontro familiar
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 243, do 17.12.2021
 
3.2 30286 (11/PNP-002612)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa e 3 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación co traballo do fogar e do coidado
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 277, do 16.02.2022
 
3.3 30323 (11/PNP-002618)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Fernández Alfonzo, Ramón e 4 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para declarar oficialmente o día 10 de marzo como Día da Clase Obreira Galega
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 277, do 16.02.2022
 
3.4 30598 (11/PNP-002641)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Rodríguez Dacosta, María del Carmen e 3 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia respecto das medidas de emprego para acadar a igualdade de mulleres e homes
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 281, do 23.02.2022
 
3.5 30748 (11/PNP-002654)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Otero Rodríguez, Patricia e Torrado Quintela, Julio
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para crear un observatorio de igualdade de xénero no sector pesqueiro
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 281, do 23.02.2022
 
3.6 30843 (11/PNP-002667)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula e 16 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia respecto dos programas de axudas á inclusión sociolaboral de mulleres en situación de vulnerabilidade e/ou en risco de exclusión social
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 281, do 23.02.2022
 
Punto 4. Interpelacións
 
4.1 15953 (11/INT-000911)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María Montserrat e 2 máis
Sobre a política da Xunta de Galicia en materia de atención integral da saúde das mulleres
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 140, do 19.05.2021
 
4.2 30681 (11/INT-001516)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Díaz Varela, Noa Susana e 3 máis
Sobre o Plan galego de conciliación e corresponsabilidade 2018-2021
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 282, do 24.02.2022
 
4.3 30758 (11/INT-001525)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Arangüena Fernández, Pablo e Castro Rey, Paloma
Sobre o aumento das verteduras ás rías galegas
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 282, do 24.02.2022
 
Punto 5. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta de Galicia

 
5.1 31354 (11/POPX-000059)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Álvarez Martínez, Luis Manuel
Sobre as medidas previstas polo Goberno galego para acadar a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes en Galicia
 
5.2 31355 (11/POPX-000060)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana
Sobre as intencións do presidente da Xunta de Galicia respecto da dimisión do seu cargo
 
Punto 6. Preguntas ao Goberno
6.1 30507 (11/POP-004535)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Díaz Varela, Noa Susana e 2 máis
Sobre a valoración do Goberno galego respecto dos carteis de promoción dun programa radiofónico financiado pola Xunta de Galicia dentro do Xacobeo 2021-2022 e que inclúe unha forma toponímica inexistente
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 282, do 24.02.2022
 
6.2 31351 (11/PUP-000239)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Álvarez Martínez, Luis Manuel
Sobre a colaboración da Xunta de Galicia na acollida de refuxiados ucrainos
 
6.3 26945 (11/POP-003859)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Balseiro Orol, José Manuel e 9 máis
Sobre a información de que dispón a Xunta de Galicia respecto do acordo adoptado e os compromisos adquiridos polo Goberno de España e Alcoa para garantir o futuro da planta de San Cibrao
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 255, do 12.01.2022
 
6.4 30523 (11/POP-004540)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Puy Fraga, Pedro e 7 máis
Sobre a valoración do Goberno galego respecto da repartición dos fondos europeos que está a levar a cabo o Goberno de España e do seu impacto en Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 277, do 16.02.2022
 
6.5 30734 (11/POP-004553)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pérez Fernández, Rosana e 4 máis
Sobre a erradicación da desigualdade entre homes e mulleres no sector do mar
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 282, do 24.02.2022
 
6.6 30799 (11/POP-004562)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Carreira Pazos, Iria e 2 máis
Sobre as medidas previstas polo Goberno galego respecto da situación na que se atopan as mozas galegas fronte ao mercado laboral
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 282, do 24.02.2022
 
6.7 30849 (11/POP-004568)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula e 7 máis
Sobre a valoración da Consellería de Emprego e Igualdade respecto do cumprimento das medidas do VII Plan estratéxico para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 282, do 24.02.2022
 
6.8 31352 (11/PUP-000240)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Aira Díaz, María del Carmen
Sobre as medidas previstas polo Goberno galego para garantir a vida das mulleres en igualdade no rural
 
6.9 29503 (11/POP-004424)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Gallego Sanromán, María Leticia e 2 máis
Sobre o financiamento da nova escola infantil de Chapela, no concello de Redondela
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 275, do 10.02.2022
 
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
 
O que lle comunico para o seu coñecemento e a súa convocatoria á devandita reunión.
 
Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2022
 

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina