saltar ao contido

Acordo da Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, celebrada o 16 de febreiro de 2022

A Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 16 de febreiro de 2022, adoptou os seguinte acordo:

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

Aprobación por unanimidade sen modificacións

- 21949 (11/PNC-002080) Grupo Parlamentario Popular de Galicia Prado del Río, Paula e 6 máis Sobre as actuacións da Xunta de Galicia perante o Ministerio de Xustiza para a convocatoria dos procesos de selección de persoal ao servizo da Administración de xustiza BOPG n.º 202, do 22.09.2021

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

O texto aprobado é o seguinte:

"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a urxir o Ministerio de Xustiza que proceda canto antes á convocatoria das prazas correspondentes aos corpos de médicos forenses, xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa, e máis auxilio xudicial, e á axilización dos procesos delas dimanantes, co obxectivo de acadar o maior grao de profesionalización posible reducindo a taxa de interinidade na Administración de xustiza de Galicia."


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina