saltar ao contido

Acordos da Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, celebrada o 3 de febreiro de 2022


A  Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 3 de febreiro de 2022, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 23544 (11/PNC-002216)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pazos Couñago, José Alberto e 6 máis
Sobre a elaboración da nova Estratexia galega de acción voluntaria
BOPG n.º 216, do 21.10.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a adoptar os trámites necesarios para iniciar a elaboración da Nova Estratexia Galega de Acción Voluntaria para os vindeiros anos que dea resposta aos novos retos do futuro."
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 24157 (11/PNC-002260)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Aira Díaz, María del Carmen e 3 máis
Sobre a reposición do persoal facultativo no Centro de Saúde de Pantón
BOPG n.º 220, do 03.11.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a manter una atención sanitaria de calidade no Centro de Saúde de Pantón, para o que é preciso que repoña a totalidade do persoal facultativo á maior brevidade para manter completa a carteira de Servizos e en igualdade con outras persoas usuarias de outros concellos en canto a proximidade e accesibilidade."
 
- 27302 (11/PNC-002521)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Otero Rodríguez, Patricia e Torrado Quintela, Julio
Sobre a actuación da Xunta de Galicia para que, de xeito urxente, cubra as prazas de persoal médico e de enfermaría do Servizo de Paliativos/HADO do Hospital da Mariña
BOPG n.º 259, do 19.01.2022
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia, a que de xeito urxente, cubra as prazas (persoal médico e enfermería) do Servizo de Paliativos /HADO do Hospital da Mariña ata chegar á dotación inicial todos os días da semana, para poder retomar a atención presencial na totalidade dos concellos do distrito sanitario da Mariña."
 
- 28224 (11/PNC-002573)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Carreira Pazos, Iria e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia respecto do conflito existente no servizo de Otorrinolaringoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela
BOPG n.º 264, do 26.01.2022
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a abordar de xeito inmediato o conflito existente no Servizo de Otorrinolaringoloxía do CHUS atendendo ás demandas feitas polo persoal facultativo deste Servizo."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina