Os voceiros de Sanidade dos grupos parlamentarios reciben da Academia Española de Dermatoloxía recomentacións para mellorar abordaxe do melanoma


• Este tumor cutáneo, que está medrando exponencialmente, representa entre o 4 e o 10% de todos os tipos de cancro
 
• Os dermatólogos alertan sobre a relación entre o melanoma e o dano solar na infancia e a adolescencia

 
Santiago, 26 de abril de 2011.- Os voceiros de Sanidade dos tres grupos parlamentarios da Cámara galega, acompañados por outros deputados, reuníronse este mediodía na sede do lexislativo autonómico co secretario xeral da Academia Española de Dermatoloxía e Venereoloxía, Hugo Vázquez Veiga, do que recibiron un documento con recomendacións para mellorar a abordaxe do Melanoma, un tumor cutáneo que representa entre o 4 e o 10% de todos os tipos de cancro diagnosticados en España.
 
O melanoma é unha proliferación maligna dos melanocitos, a
s células que dan cor á pel. En máis do 95% dos casos, trátase dun tumor cutáneo; máis frecuente na raza branca e de carácter altamente invasivo, con gran capacidade para xerar metástases.
 
Crecemento exponencial
 
Os dermatólogos alertan do crecemento exponencial dos casos de melanoma nos últimos anos, que no ano 2015 podería acadar 4.000 casos en España. A incidencia deste tumor aumenta a partir do 15 anos  e increméntase coa idade. Un tercio dos casos diagnostícanse antes dos 50 anos de idade, sendo o sector tumor máis frecuente  neste rango de idade.
O melanoma provoca en España máis de 700 mortes anuais, arredor dun 55% en homes e o 45% en mulleres.
 
Os expertos coinciden en que a prevención e o diagnóstico precoz son as principais ferramentas para combater o melanoma, xa que o tratamento cirúrxico do melanoma fino (<0,5mm) supón a curación de máis do 90% dos afectados.
 
Non obstante, as opcións terapéuticas para tratar esta enfermidade en fases máis avanzadas son moi limitadas.
Dano solar
 
Os dematólogos chaman a atención sobre a falta de concienciación social sobre a relación entre o melanoma e o dano solar na infancia e a adolescencia
 
Ademais do Dr. Vázquez Veiga, xefe de sección e responsable do Servizo de Dermatoloxía do Hospital de Conxo do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, tomaron parte na reunión outros expertos, que ofreceron información sobre o melanoma ao presidente da Comisión de Sanidade do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; aos portavoces de Sanidade do Grupo Parlamentario Popular, Rosendo Fernández; do PSdeG-PSOE, Modesto Pose; e do BNG, Ana Luisa Bouza, e outros deputados.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación

Imaxes relacionadas