saltar ao contido

O CES entrega ao Parlamento unha declaración institucional de apoio á Economía Social de Galicia

 

Santiago, 30 de novembro de 2021.- O presidente do Consello Económico e Social de Galicia, Agustín Hernández Fernández de Rojas entregou este mediodía o presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira, unha Declaración institucional de apoio e compromiso coa Economía Social de Galicia, aprobada polo Pleno do CES o pasado 8 de novembro.
 
O presidente do CES acudiu acompañado por Celso Gándara, presidente de ForoESGAL; Mar Pernas Márquez, representante no CES do Consello de Economía Social; e por Isabel Fraga, vicepresidenta do ForoESGAL.
 
A economía social xera o 8% do PIB europeo, con máis de 13,6 millóns de empregos remunerados a través de máis de 2,8 millóns de empresas e entidades en Europa. En España, a economía social produce o 10% do PIB, proporciona o 12,5% do emprego e vincula ó 42,8% da poboación. O mapa da economía social en Galicia está formado por máis de 7.300 entidades e empresas, cun volume de emprego estimado de 24.904 persoas traballadoras e máis de 74.120 persoas socias, comuneiras ou mutualistas (segundo o tipo de entidade), xerando ao redor do 7% do PIB.

Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina