saltar ao contido

Acordos da Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, celebrada o 16 de novembro de 2021

A  Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 16 de novembro de 2021, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 23767 (11/PNC-002228)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 6 máis
Sobre a demanda da Xunta de Galicia ao Goberno de España da reorientación do Plan de recuperación, transformación e resiliencia cara ás necesidades de mellora e avance cara ao futuro do sector marítimo-pesqueiro e da cadea mar-industria
BOPG n.º 218, do 28.10.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 10 votos a favor, 2 votos en contra e 0 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a demandar ao Goberno de España a reorientación do Plan de Recuperación Transformación e Resiliencia (PRTR) cara ás necesidades de mellora e avance cara ao futuro do sector marítimo-pesqueiro e da cadea mar-industria, con especial incidencia na busca dunha axeitada remuda xeracional e na mellora da competitividade da estrutura produtiva e da protección do medio mariño mediante medidas de cogobernanza có sector.”
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 23770 (11/PNC-002229)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 6 máis
Sobre a demanda da Xunta de Galicia á Dirección Xeral da Costa e o Mar (Secretaría de Estado de Medio Ambiente) da reversión da titularidade dos terreos portuarios
BOPG n.º 218, do 28.10.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a solicitar á Dirección General de la Costa y el Mar dependente do Ministerio de Transición Ecológica y el Reto Demográfico que considere favorablemente a reversión do dominio público portuario e a posterior desafectación cara aos concellos para que a titularidade dos terreos portuarios reverta nas entidades municipais onde se sitúan os terreos.
Tomar en consideración todas as peticións dos concellos para a reversión de terreos, excepcionando so aqueles que pola súa utilización actual ou previsión concreta de futuro teñan obxecto de uso realmente portuario."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina