saltar ao contido

Minuto de silencio no Parlamento de Galicia en repulsa contra a violencia machista


 
Santiago, 17 de setembro de 2021.- O Parlamento de Galicia celebrou este mediodía unha concentración de un minuto de silencio en repulsa contra a violencia machista e en memoria da vítima do asasinato rexistrado onte na Coruña.
 
A concentración, encabezada polo presidente da Cámara, contou coa participación de portavoces dos grupos parlamentarios, deputados e deputadas, persoal da institución, así como do Valedor do Pobo.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.
 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina