saltar ao contido

Acordo da Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, celebrada o 15 de abril de 2021

A  Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 15 de abril de 2021, adoptou os seguintes acordos:

Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión

Aprobación por unanimidade sen modificacións

- 11979 (11/PNC-001216)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Rodríguez Dacosta, María del Carmen e Seco García, Martín
Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa problemática que está a padecer a veciñanza do concello de Cartelle como consecuencia da demora na entrega dos títulos de propiedade tras o remate da concentración parcelaria
BOPG n.º 108, do 10.03.2021

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

O texto aprobado é o seguinte:

"O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a que solucione, de forma urxente, a problemática que sofren os veciños e veciñas do municipio de Cartelle na provincia de Ourense, que a pesar de finalizar a concentración parcelaria entre o ano 2006 e 2007, aínda non dispón dos títulos de propiedade."


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina