saltar ao contido

Acordos da Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, celebrada o 17 de marzo de 2021

A  Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 17 de marzo de 2021, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 8612 (11/PNC-000907)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Castro Rey, Paloma e dous/dúas máis
Sobre a realización do Goberno galego das actuacións necesarias co fin de habilitar no Xulgado vello da Parda, en Pontevedra, unhas dependencias axeitadas para as vítimas de violencia de xénero
BOPG n.º 82, do 26.01.2021
 
Sométese á votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a que proceda á revisión de todas dependencias xudiciais de maneira que se efectúen as reformas necesarias de acordo coas autoridades xudiciais habilitando os espazos posibles para evitar o cruce entre vítimas e agresores."
 
- 10903 (11/PNC-001118)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Armada Pérez, José Antonio e seis máis
Sobre a demanda por parte do Goberno galego da apertura de máis pasos fronteirizos entre España e Portugal
BOPG n.º 100, do 23.02.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
 
1. Demandar aos gobernos de España e de Portugal a abrir máis pasos fronteirizos co fin de facilitar a mobilidade das persoas traballadoras na área de fronteira.
 
2. Impulsar, en colaboración con todas as administracións e coas AECT, un estudo sobre o impacto específico da pandemia nos territorios transfronteirizos, así como un plan especial para demandar compensacións con cargo a fondos estatais e europeos para os sectores dobremente afectados polo Covid e polo efecto peche da fronteira."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina