saltar ao contido

Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o día 23 de marzo de 2021

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 23 de marzo de 2021, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 16 de marzo de 2021, a orde do día da sesión é a seguinte:

Punto 1. Texto Lexislativo
 
1.1 Debate de toma en consideración da Proposición de lei, do G.P. do Bloque Nacionalista Galego, pola que se modifica o Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, para garantir a igualdade real entre mulleres e homes no ámbito universitario e da investigación (doc. núm. 10503, 11/PPL-000004)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 96, do 17.02.2021
 
Punto 2. Comparecencia
 
2.1 12830 (11/CPP-000046)
Da Sra. conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, por petición propia, para informar das previsións e liñas xerais de actuación do seu departamento  e actuacións en relación coa evolución da covid-19
 
Punto 3. Mocións
 
3.1 12632 (11/MOC-000031)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Ortega Otero, Marina
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas persoas que se atopan en situación de soidade non desexada. (Moción consecuencia da Interpelación n.º 11066, publicada no BOPG n.º 101, do 24.02.2021, e debatida na sesión plenaria do 09.03.2021)
 
3.2 12705 (11/MOC-000032)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Fernández Alfonzo, Ramón
Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa crise económica e social que asola a comarca de Ferrol. (Moción consecuencia da Interpelación n.º 11392, publicada no BOPG n.º 101, do 24.02.2021, e debatida na sesión plenaria do 09.03.2021)
 
3.3 12706 (11/MOC-000033)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Torrado Quintela, Julio
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en materia de saúde mental. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 9732, publicada no BOPG n.º 91, do 10.02.2021, e debatida na sesión plenaria do 09.03.2021)
 
Punto 4. Proposicións non de lei
 
4.1 6665 (11/PNP-000756)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Torrado Quintela, Julio e 3 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia tendentes a establecer  facilidades para a recollida e aceptación do documento de instrucións previas, dando cumprimento ás vontades da Lei 5/2015, así como para realizar as actualizacións e adecuacións necesarias no sistema legal e sanitario de Galicia para acompasar os mecanismos públicos aos avances sociais xerados a partir da aprobación da Lei orgánica de regulación da eutanasia no Congreso dos Deputados e garantir a posibilidade de exercer ese dereito en Galicia en plenitude de condicións
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 76, do 14.01.2021
 
4.2 8443 (11/PNP-000855)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Gallego Sanromán, María Leticia e 3 máis
Sobre a elaboración polo Goberno galego dun plan de rescate e axilización da tramitación das axudas para o sector da hostalería
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 83, do 27.01.2021
 
4.3 10803 (11/PNP-001061)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Tellado Filgueira, Miguel Ángel e 8 máis
Sobre a demanda polo Goberno galego ao Goberno central da encomenda da construción dun buque de acción marítima para a Armada Española nos estaleiros de Navantia, na ría de Ferrol
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 101, do 24.02.2021
 
4.4 11302 (11/PNP-001116)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Queixas Zas, Mercedes e 2 máis
Sobre a demanda do Goberno galego dun plan estratéxico de recuperación e impulso da actividade comercial do porto da Coruña, a licitación polo Goberno central da conexión ferroviaria ao porto exterior de Langosteira, así como a xestión da condonación da débeda ou solución análoga
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 101, do 24.02.2021
 
4.5 11701 (11/PNP-001145)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Murillo Solís, María Guadalupe e 5 máis
Sobre a actuación da Xunta de Galicia para dirixirse ao Goberno de España para promover as modificacións oportunas na lexislación estatal co obxecto de reducir o tipo impositivo do imposto sobre o valor engadido do 21 % ao 10 % en todas as prestacións de servizos deportivos e de actividade física prestados a persoas físicas que non estean xa exentos conforme a normativa en vigor
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 105, do 03.03.2021
 
4.6 11912 (11/PNP-001167)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana e 18 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación cos riscos que presenta para a saúde das persoas e o ambiente o estado das instalacións de Ence en Lourizán.
Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 105, do 03.03.2021
 
Punto 5. Interpelacións
 
5.1 2842 (11/INT-000165)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Arangüena Fernández, Pablo e Castro Rey, Paloma
Sobre a opinión da Xunta de Galicia en relación con causas seguidas na Audiencia Nacional
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 27, do 07.10.2020
 
5.2 3673 (11/INT-000237)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Fernández Gómez, Alexandra e 2 máis
Sobre a política da Xunta de Galicia en relación cos prezos do alugueiro de vivenda en Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 33, do 21.10.2020
 
5.3 8063 (11/INT-000496)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa e Fernández Alfonzo, Ramón
Sobre a valoración pola Xunta de Galicia da situación do sector eólico en Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 83, do 27.01.2021
 
Punto 6. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta de Galicia
 
6.1 12825 (11/POPX-000023)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Caballero Miguez, Gonzalo
Sobre o compromiso do Goberno galego contra a corrupción en relación coa caixa B dun partido político e as informacións que a conectan con ese partido en Galicia
 
6.2 12826 (11/POPX-000024)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana
Sobre os novos supostos de financiamento irregular dun partido político de Galicia, no coñecido como "caso Bárcenas"
 
Punto 7. Preguntas ao Goberno

7.1 7562 (11/POP-001204)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Prado del Río, Paula e 6 máis
Sobre os obxectivos acadados co convenio asinado coa Fegamp en relación cos procedementos sancionadores vinculados á loita contra a covid-19
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 75, do 13.01.2021
 
7.2 12799 (11/PUP-000165)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 González Iglesias, María do Carme e Fernández Alfonzo, Ramón
Sobre as razóns da Xunta de Galicia para desbotar mecanismos de participación que consoliden o estaleiro Barreras e o sector naval de Vigo

7.3 12445 (11/PUP-000164)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Díaz Mouteira, María Sol e 6 máis
Sobre a valoración que fai o Goberno galego das implicacións que supón para a comunidade autónoma de Galicia a formulación do artigo 18 do Proxecto de lei de cambio climático e transición enerxética e o resultado da súa votación na ponencia

7.4 12804 (11/PUP-000167)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Otero Rodríguez, Patricia e Álvarez Martínez, Luis Manuel
Sobre a valoración que fai o Goberno galego da reunión mantida o 10 de marzo entre o presidente da Xunta de Galicia e o ministro de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana na que se abordaron temas referidos ás infraestruturas de Galicia

7.5 11714 (11/POP-001648)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Queixas Zas, Mercedes e 2 máis
Sobre a elaboración dun plan estratéxico de actuación dirixido a atraer parte dos fondos Next Generation para a reactivación e o impulso da cultura galega
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 105, do 03.03.2021

7.6 6907 (11/POP-000817)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Díaz Varela, Noa Susana e 3 máis
Sobre a posta en marcha do I Plan de igualdade da Administración xeral da Xunta de Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 73, do 11.01.2021

7.7 12039 (11/POP-001681)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Rodríguez Dacosta, María del Carmen e 2 máis
Sobre as medidas previstas polo Goberno galego en relación cos efectos da pandemia no mercado laboral de Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 109, do 11.03.2021
  
7.8 9866 (11/POP-001458)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Ríos Santomé, Paulo e 2 máis
Sobre as medidas que vai adoptar a Xunta de Galicia en relación coa  dotación de máis recursos materiais e humanos ao servizo do 061 da comarca do Morrazo
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 91, do 10.02.2021


Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2021

 


Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina