saltar ao contido

Acordo da Comisión 4ª, Educación e Cultura, celebrada o 12 de marzo de 2021

A  Comisión 4ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 12 de marzo de 2021, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación con modificacións
 

- 9478 (11/PNC-000987)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodeiro Tato, Ovidio e 14 máis
Sobre a redacción que presenta a Lei orgánica de modificación da Lei orgánica de educación no referido ao profesorado técnico de formación profesional. (Procedemento de urxencia)
BOPG n.º 88, do 03.02.2021
 
Sométese a votación separada por puntos:
Punto 1: resulta aprobado por 10 votos a favor, 2 votos en contra e 0 abstencións
 
Punto 2: resulta aprobado pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a que traslade ao Ministerio de Educación e FP:
 
1.- O rexeitamento da Cámara galega ao recollido na LOMLOE respecto do profesorado técnico de FP, xa que se ten descuberto como un erro tanto para o futuro profesional destes docentes como para unha formación de calidade para o alumnado.
 
2.- A necesidade de negociar, no seo da Mesa estatal de Educación, una solución para o profesorado técnico de formación profesional afectado polas previsións incluídas na Lei de educación, dentro da nova Lei de formación profesional ou no futuro estatuto público docente."
 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina